A Xunta destaca na Estrada o regreso ás aulas como oportunidade a prol da dinamización e apoio ao comercio local

A Estrada (Pontevedra), 10 de setembro de 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na Estrada na xornada da campaña de dinamización comercial Volta ao cole, organizada pola Asociación de Comerciantes da Estrada co apoio da Xunta para dinamizar o comercio local e apoiar os establecementos asociados neste período de regreso ás aulas. Neste contexto, Gabriel Alén, destacou o papel do centro comercial aberto desta entidade no pulo de iniciativas que implican a varios negocios asociados a prol de fortalecer o sector.

Ademais, puxo en valor o respaldo do Goberno galego a estas entidades a través de axudas ao seu labor coas que na convocatoria deste ano se apoiaron un total de 56 entidades de toda Galicia cun valor total de axuda de 2,35 M€, 24 delas da provincia de Pontevedra. No caso da xornada de hoxe, a iniciativa consiste nunha pequena feira con  distintas actividades para toda a familia, especialmente para o público infantil, entre elas xogos, inchables e festa de escuma.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/09/2026