Villares destaca os numerosos programas da Xunta que impulsan o emprendemento e a competitividade das empresas galegas
Vilalba (Lugo), 11 de setembro de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, subliñou hoxe a variedade de programas que desenvolve o Goberno galego para promover o emprendemento e a competitividade das empresas, ”ofrecendo ao talento as oportunidades que precisa”.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia.
Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.