Activo un incendio forestal no concello lucense de Quiroga, parroquia de Pacios da Serra

O lume iniciouse ás 15.25 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, que se rexistra no concello lucense de Quiroga, parroquia de Pacios da Serra. O lume iniciouse ás 15.25 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas.

Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 3 técnicos, 12 axentes, 16 brigadas,  15 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 9 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

Data de actualización: 15/09/2026