Celebrarase o 29 de novembro no Multiusos Fontes do Sar
Santiago de Compostela acollerá a celebración do partido da selección masculina de baloncesto fronte a Grecia co apoio da Xunta
O encontro supón o retorno deste equipo a Galicia dous anos despois da súa última visita ante Eslovaquia en Ourense
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2026
Turismo de Galicia, no marco da antesala do Xacobeo 2027, impulsará a celebración en Santiago de Compostela do partido da Selección Masculina de Baloncesto fronte a Grecia. O encontro desenvolverase o vindeiro 29 de novembro no Multiusos Fontes do Sar.
Trátase dun dos choques decisivos para a clasificación do equipo #LaFamilia ao Mundial de Catar 2027. En concreto, o encontro forma parte da quinta fiestra da fase de clasificación, na que se xogará un primeiro partido a domicilio contra Montenegro o xoves 26 de novembro, para despois recibir o día 29 a Grecia en Santiago de Compostela.
Desde Turismo de Galicia estase a promover os eventos deportivos como unha das áreas con maior potencial de creación de fluxos turísticos, unha liña de acción na que se enmarca o impulso a esta cita. Así, a relevancia do encontro suma atractivo ao seu papel como captador de visitantes e como escaparate do destino -especialmente entre públicos internacionais, ao tratarse dun partido contra un equipo estranxeiro-.
O econtro supón, na práctica, o regreso da Selección Masculina a Galicia dous anos despois da súa última visita, no partido ante Eslovaquia disputado en Ourense en novembro de 2024. Será, ademais, o cuarto encontro que a Selección Masculina dispute en Santiago de Compostela, o primeiro en partido Oficial, tras dos amistosos de 1983 contra Panamá e a URSS e o de 2013 contra Macedonia.