Villares participa na presentación do libro ‘La vuelta a Galicia en 80 pedaladas’, de Justo Jorge

Lugo, 17 de setembro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou esta tarde na presentación do libro La vuelta a Galicia en 80 pedaladas. Patrimonio cultural en 2.400 kms de cicloturismo, de Justo Jorge López.

Villares puxo en valor esta publicación como unha proposta para descubrir Galicia dun xeito “pausado, saudable e sostible”, a través de rutas que permiten coñecer a súa riqueza patrimonial, paisaxística e natural.

O delegado felicitou ao autor por esta iniciativa e salientou que este tipo de propostas contribúen a difundir a diversidade turística de Galicia e a promover novas formas de coñecer e desfrutar o territorio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/09/2026