Diego Calvo participa na cerimonia de saída da décima edición do Ecorallye A Coruña

A Coruña, 17 de setembro de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na Coruña na cerimonia de saída da décima edición do Ecorallye A Coruña. A competición reuniu máis de medio cento de vehículos 100% eléctricos, híbridos enchufables e híbridos non enchufables que percorren estes días máis dunha trintena de concellos.

A proba puntúa para a FIA Eco Rally Cup e forma parte do Campionato de España de Enerxías Alternativas e, ademais, coincidindo coa celebración da Semana Europea de Mobilidade, contribúe a promover o uso de vehículos fabricados con novas tecnoloxías e deseñados para aforrar enerxía e emitir menos substancias contaminantes, ao mesmo tempo que se fomenta unha condución máis eficiente e sostible optando por combustibles alternativos baseados en fontes de enerxías limpas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/09/2026