Controlado o incendio forestal do concello pontevedrés de Silleda, parroquia de Oleiros

O lume iniciouse ás 22,49 horas do pasado xoves e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 60 hectáreas

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2026

A Consellería do Medio Rural informa que o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Silleda, parroquia de Oleiros, está controlado desde as 16.52 horas de hoxe.

O lume iniciouse ás 22.49 horas do pasado xoves e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 60 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 18 axentes, 24 brigadas, 22 motobombas, 3 pas, 2 técnicos, 3 avións e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

Data de actualización: 19/09/2026