Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés da Lama, parroquia de Escuadra

O lume quedou extinguido ás 13,35 horas e finalmente afectou unha superficie de 26,69 hectáreas, das cales 23,69 se corresponden con monte raso e as 3 restantes, con arborado

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2026

A Consellería do Medio Rural informa que o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés da Lama, parroquia de Escuadra, quedou extinguido ás 13,35 horas de hoxe.

O lume iniciouse ás 04,19 horas de onte e finalmente afectou unha superficie de 26.69 hectáreas, das cales 23,69 se corresponden con monte raso e as 3 restantes, con arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, no seu conxunto, 1 técnico, 11 axentes, 20 brigadas, 18 motobombas, 2 pas, 3 helicópteros e 5 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

Data de actualización: 20/09/2026