A Xunta e o Concello de Ortigueira acordan colaborar na dinamización do sector pesqueiro e na posta en valor da súa cultura mariñeira
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo un encontro co alcalde de Ortigueira, José Valentín Calvín, e coa concelleira de Turismo, Joaquina Piñeiro. A xuntanza serviu para abordar asuntos de interese para o municipio, centrados no impulso da actividade marisqueira nas augas da ría, a recuperación do histórico Mercado Mariñeiro e o apoio á celebración da Xornada Mariñeira vencellada ao mundo do remo e das traíñas.
Durante a reunión, Villaverde analizou co rexedor vías de cooperación institucional para reforzar a promoción dos produtos locais e a identidade marítima da comarca. A titular de Mar trasladou a disposición da Xunta a seguir colaborando co tecido produtivo e co Concello en iniciativas de dinamización socioeconómica e deportiva, dando continuidade ao apoio económico achegado polo departamento autonómico ás edicións anteriores.