A Xunta asiste á Carreira Solidaria 4,4k ActivAemos contra a violencia de xénero
Mos (Pontevedra), 11 de outubro de 2026
O director de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, asistiu hoxe á I Carreira Solidaria 4,4K ActivAemos contra a Violencia de Xénero, organizada pola Asociación de Empresarios de Mos (Aemos).
Roberto Barba celebrou a posta en marcha de iniciativas como esta, que ten como obxectivo visibilizar a loita contra a violencia de xénero e apoiar proxectos de inserción sociolaboral de persoas en situación de vulnerabilidade.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 11/10/2026