O delegado territorial da Xunta asiste á Feira do Mel do Valadouro, que celebra hoxe a súa 39ª edición

O Valadouro, 10 de outubro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, acudiu hoxe á 39º Feira do Mel do Valadouro, adicada á promoción do mel, da apicultura e dos produtos vencellados a esta actividade.

Durante toda a xornada a localidade acolle postos de exposición e venda, degustacións, unha charla e cata sobre hidromel e un obradoiro de velas, xunto con outras propostas como contacontos, animación musical e sorteos. Tamén hai unha mostra dos debuxos presentados ao certame convocado para elixir o cartel anunciador.

Villares enxalzou a traxectoria desta feira, que “axuda a poñer en valor o sector apícola galego ao tempo que contribúe á dinamización social e económica do municipio”, apuntou.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/10/2026