A Xunta traslada a súa solidariedade ás persoas galegas residentes en Ceuta e destaca o labor de apoio do Centro Gallego nesta cidade

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2026

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse esta semana coa presidenta do Centro Gallego de Ceuta, María Mercedes Fariña, para analizar as necesidades desta entidade e a situación de Ceuta —onde residen unhas 350 persoas galegas— trala entrada masiva de inmigrantes procedentes de Marrocos no mes de xullo.

No encontro, o conselleiro trasladou a solidariedade da Xunta e ratificou o seu apoio ás persoas galegas residentes nesta cidade, unha cuestión na que é clave o labor que desempeña o Centro Gallego de Ceuta, constituído no ano 1935. Nesta liña, na reunión púxose de manifesto o papel desta entidade como embaixadora de Galicia na cidade autónoma e na potenciación dos lazos entre Galicia e Ceuta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/10/2026