A Xunta defende en Vigo a importancia de garantir a remuda xeneracional no sector comercial

Vigo, 20 de outubro de 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, puxo hoxe de relevo en Vigo a importancia de garantir a remuda xeracional no sector comercial, co gallo da presentación da nova campaña impulsada pola Federación de Comercio de Pontevedra. Salientando a colaboración coa entidade para a posta en marcha deste tipo de iniciativas, Alén agradeceu a participación na acción da bicampeoa paralímpica Susana Rodríguez Gacio, xa que se establece un paralelismo entre a traxectoria persoal e profesional da deportista e as historias de comerciantes que continúan os negocios familiares.

Tras este acto, os representantes autonómicos asistiron á presentación da campaña Halloween en Zona Náutico, onde puxeron en valor esta nova actividade dinamizadora do centro comercial aberto desta contorna. O obxectivo é incentivar o consumo nos comercios asociados de cara á xornada do vindeiro venres 30 de outubro, cando haberá animación e pintacaras na Porta do Sol e na rúa Rosalía de Castro. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/10/2026