O xerente do Sergas, Luis León, participou na inauguración das I Xornadas de Humanización do Proceso Perioperatorio: Humanizar o proceso cirúrxico non é un xesto, é unha forma de traballar, celebrada en Ourense
O xerente do Servizo Galego de Saúde pon en valor a importancia do acompañamento aos pacientes durante os procedementos cirúrxicos
Destaca a humanización como elemento clave para mellorar a calidade asistencial, a seguridade e os bos resultados en saúde
Ourense, 17 de novembro de 2026
O xerente do Servizo Galego de Saúde, Luis León, participou hoxe no acto inaugural das I Xornadas de Humanización do Proceso Perioperatorio: Humanizar o proceso cirúrxico non é un xesto, é unha forma de traballar, onde puxo en valor a importancia do acompañamento aos pacientes durante os procedementos cirúrxicos.
No encontro, o responsable sanitario destacou que a humanización debe formar parte da práctica asistencial, xa que contribúe a mellorar a calidade da atención, reforzar a seguridade das persoas atendidas e obter mellores resultados en saúde.
Para finalizar a súa intervención, o xerente do Servizo Galego de Saúde aproveitou para salientar o traballo dos profesionais de enfermería da área cirúrxica de Ourense. Tamén subliñou a importancia de compartir experiencias e boas prácticas, xa que permiten avanzar cara a unha atención sanitaria máis próxima, integral e centrada nas persoas.