Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 32.972 novas:

06/03/2026 | 19:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o liderado feminino no tecido empresarial da provincia de Ourense e anima a visibilizar ás profesionais de todos os sectores

O Goberno galego avoga por seguir reforzando o traballo co tecido social e co resto de administracións e institucións para continuar co avance na igualdade entre mulleres e homes 

06/03/2026 | 19:01 | C. do Medio Rural

A Xunta enxalza o programa Leader pola súa contribución á creación de emprego e ao asentamento de poboación no medio rural

A conselleira do Medio Rural visitou os apartamentos turísticos Casas da Fortaleza, en Outeiro de Rei, que contaron co apoio económico desta intervención

06/03/2026 | 18:15 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia unha retrospectiva de Elena del Rivero no Museo Nacional de Antropoloxía de Madrid que homenaxea a cultura e oficios tradicionais galegos

A mostra ten como eixe central o resultado dunha residencia da artista valenciana, afincada en Nova York, nunha aldea do concello ourensán de Bande

06/03/2026 | 18:00 | C. do Medio Rural

Martina Aneiros preside un encontro informativo sobre o novo convenio para a xestión da biomasa en faixas secundarias

O encontro serviu para informar aos concellos do ámbito territorial sobre o funcionamento e novidades deste sistema de prevención contra incendios forestais

06/03/2026 | 17:20 | C. de Sanidade

O seguimento na quenda de tarde da folga de facultativos de atención primaria acada o 4,01 % na sanidade pública galega

A Consellería de Sanidade insta ao sindicato O'Mega a sumarse ao acordo maioritario sobre atención primaria para evitarlles a pacientes e profesionais os efectos dun paro indefinido

06/03/2026 | 17:17 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde propón un conxunto de medidas laborais para o persoal médico de urxencias hospitalarias

Os incrementos retributivos propostos pola Administración sanitaria supoñen un incremento do importe da hora de atención complementaria e o abono como pre-festiva a noite do venres

06/03/2026 | 17:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá máis de 176.000 euros nunha nova senda peonil anexa á estrada PO-548, na parroquia de Cordeiro

O proxecto permitirá ampliar a vía de servizo ata os 6 metros e habilitar unha senda peonil accesible de máis de 2 metros de ancho