A Xunta mellorará o acceso desde a estrada AC-240 aos núcleos de Oca de Arriba e Oca de Abaixo, en Touro
A actuación, cun investimento de máis de 48.000 €, comezará nas vindeiras semanas
Trátase da mellorar a seguridade no acceso a estes núcleos desde a marxe esquerda da estrada, no quilómetro 5+490, á altura da Maroxa, cun importante tránsito de maquinaria agrícola
Executaranse carrís de aceleración e deceleración cun ancho de 3,50 metros para cada un, de modo que se adecúen as velocidades dos vehículos que transitan pola AC-240
A Xunta continúa traballando na conservación e mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionar aos cidadáns unhas estradas seguras e eficientes
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mellorará o acceso desde a estrada autonómica AC-240 aos núcleos de Oca de Arriba e Oca de Abaixo, no concello de Touro.
A Xunta continúa traballando na conservación e mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionar aos cidadáns unhas estradas seguras e eficientes