O Goberno galego recoñece o traballo de 45 centros de FP cos premios a proxectos de innovación

O obxectivo destes galardóns é potenciar as iniciativas innovadoras no ámbito da FP, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades

A esta convocatoria, dotada con 840.000€, presentáronse un cento de proxectos, superando a participación de anos anteriores

Valorouse o potencial dos proxectos presentados para ser continuados desde o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2023

A Xunta de Galicia acaba de resolver os Premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional, cos que se recoñece o traballo de 45 centros, entre coordinadores e colaboradores. A relación de iniciativas galardoadas pode consultarse no Portal Educativo.

O obxectivo destes galardóns, que teñen unha dotación económica total de 840.000€, é potenciar as iniciativas innovadoras no ámbito da FP, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades, procurando a calidade e a excelencia na Formación Profesional e o fomento do emprendemento.

A esta convocatoria presentáronse un cento de proxectos, superando a participación de anos anteriores, con 49 centros coordinadores, 64 centros participantes, 167 entidades colaboradoras e máis de 250 docentes implicados. O maior aumento de propostas produciuse na modalidade B, correspondente a proxectos de innovación didáctica cun total de 55 proxectos presentados, fronte os 45 de innovación tecnolóxica ou científica.

Nesta convocatoria valorouse o potencial dos proxectos presentados para ser continuados desde o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros para dar lugar a iniciativas de emprendemento no seu viveiro industrial, como promotor da innovación aplicada na FP galega.

Innovación tecnolóxica ou científica

Do total dos premios, 17 son para proxectos da modalidade A, que teñen como obxectivo a xeración de innovación tecnolóxica ou científica, que redunden na mellora de procesos de produción ou de prestación de servizos. As iniciativas debían estar orientadas a impulsar a transferencia tecnolóxica entre os centros educativos e a contorna produtiva, así como ter unha incidencia significativa na futura inserción laboral do alumnado e na súa empregabilidade, favorecendo a aparición de oportunidades laborais e iniciativas empresariais.

Nesta modalidade resultaron premiados os seguintes proxectos:

Provincia
Concello
Centro coordinador
Proxecto
A Coruña
A Coruña
CIFP Someso

Adestrador de procedemento cirúrxico con aditiva

A Coruña
Carballo
IES Monte Neme

REDICIR rede de dixitalización na economía circular. Aplicacións no sector primario

A Coruña
Culleredo
CIFP Universidade Laboral

Simulador de subestación de intemperie de alta tensión

A Coruña
Ferrol
CIFP Ferrolterra
ECOGREL
A Coruña
Pontedeume
CIFP Fraga do Eume
Bean to bar. Os nosos bombóns
A Coruña
Santiago de Compostela
CIFP Politécnico de Santiago

Da presa á mesa: Prototipo de planta potabilizadora móbil

A Coruña
Santiago de Compostela
CIFP Compostela

Soporte basculante para o servizo de viños en botellas de grande formato

Lugo
Lugo
CIFP As Mercedes

Design Thinking, o deseño como ferramenta de transformación. Tecnoloxías Fab Lab en contornas colaborativas.

Lugo
Lugo
CIFP Politécnico de Lugo

Sistema de movemento e posicionamento por levitación magnética

Lugo
Viveiro
IES María Sarmiento
Coches iónicos made in Galicia
Ourense
Ourense
CIFP Portovello

Uso de tecnoloxías de realidade virtual e aumentada en aplicacións de selección de persoal

Ourense
Ourense
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

Valoración e atención do paciente: aplicación de protocolos de actuación mediante realidade virtual 3D

Ourense
Vilamarín
IES de Vilamarín
Experiencia gastronómica multisensorial
Pontevedra
Marín
IES Chan do Monte
A lámpada de IAladina
Pontevedra
Ponteareas
CIFP A Granxa

Elaboración de licores de expedición de escumosos a base de viños doces de castes autóctonas e destilados galegos

Pontevedra
Pontevedra
CIFP Carlos Oroza

OrozaLab-Produtos culinarios liofilizados 6ªGama

Pontevedra
Vigo
CIFP Valentín Paz Andrade

Smarthome con autoconsumo eléctrico e térmico mediante hidróxeno verde

Innovación didáctica

No caso dos proxectos de innovación didáctica, outórganse 19 galardóns. Nesta modalidade as iniciativas debían ter como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais.

 

Neste sentido, pedíase que estivesen orientados á introdución e á aprendizaxe de novos contidos, tecnoloxías avanzadas e instrumental ou maquinaria na aula ou no taller, potenciando o deseño de materiais didácticos, deseño de prototipos ou simuladores, laboratorios para prácticas ou maquetas, aplicacións informáticas, etc. Ademais, eses materiais debían ser doadamente trasladables a outros centros educativos onde se impartan as ensinanzas para as que foron deseñados.

A relación de iniciativas galardoadas é a seguinte:

Provincia
Concello
Centro coordinador
Proxecto
A Coruña
A Coruña
CIFP Ánxel Casal - Monte Alto

Análise teórico-práctica da calidade do aire na cidade de A Coruña a través da biomonitorización

A Coruña
A Coruña
CIFP Paseo das Pontes

Avanzando por unha industria téxtil máis sostible. Coiro de pel de peixe curtido de forma natural

A Coruña
A Coruña
CIFP Imaxe e Son

E agora que? Podcast ponte entre o espazo educativo e o mundo profesional. Aplicacións didácticas

A Coruña
Betanzos
IES As Mariñas

Maqueta didáctica funcional de vehículo eléctrico Renault Zoe, xestión de avarías bluetooth e realidade aumentada

A Coruña
Cedeira
IES Punta Candieira

REAMCO1: Realidade aumentada en comunicación e sociedade nos ciclos de Grao Básico

A Coruña
Fene
IES de Fene

Desenvolvemento de postos de soldadura tradicional e simulada con posicionadores adaptables

A Coruña
Ferrol
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

Xogo competitivo de elaboración, ataque e monitorización de aplicacións vulnerables para a aprendizaxe do desenvolvemento seguro

A Coruña
Ferrol
CIFP Ferrolterra

Estudo, deseño e transformación dunha moto de combustión a moto eléctrica

A Coruña
Ferrol
CIFP Leixa

Recuperación, mantemento e almacenamento mediante criofilización, dun cultivo celular de Sacharomyces sp. empregada na elaboración dunha cervexa artesanal

A Coruña
Santiago de Compostela
IES San Clemente

Repositorio de escenarios prácticos para despregue de infraestruturas en virtualización, contedores, cloud computing e exercicios de Red Team e Blue Team

A Coruña
Santiago de Compostela
CIFP Politécnico de Santiago
FreeFenestra
Lugo
Lugo
CIFP Politécnico de Lugo

Virtual Commissioning: do xemelgo dixital a posta en marcha virtual

Lugo
Lugo
CEE Santa María
Creando un patio para todos
Lugo
Ribadeo
CIFP Porta da Auga

Construción dunha maqueta sobre o sistema de freado ABS

Lugo
Vilalba
IES Lois Peña Novo
Maqueta Pila de combustible de hidróxeno
Ourense
Ourense
CIFP A Farixa

Aula tecnolóxica de enerxías renovables en contedor marítimo acondicionado

Ourense
Ourense
IES O Ribeiro

Nova olivicultura galega: AOVE galego de calidade

Pontevedra
Pontevedra
IES Montecelo

Ensaio de determinación da agudeza visual na discriminación das cores e problemas na percepción das cores

Pontevedra
Vigo
IES Ricardo Mella
MeteoLoRa
 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/05/2023