A Xunta valora vías de colaboración coa UNED e o colectivo Egeria para desenvolver iniciativas culturais

Lugo, 29 de novembro de 2023
Compartir
  • whatsapp

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha xuntanza coa directora do centro asociado da Uned en Lugo, Ana Traseira, e co presidente do colectivo Egeria, Xulio Xiz, na que valoraron as posibles vías de colaboración para levar a cabo un proxecto cultural conxunto a desenvolver no primeiro semestre do próximo ano.

O delegado gabou o labor de dinamización cultural e social que realizan na provincia tanto o centro universitario como o colectivo cultural, e amosou a disposición da Xunta a participar na iniciativa.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 29/11/2023