A Xunta inaugura o Mercado Artesanía Alimentaria do Nadal en Lugo

Lugo, 15 de decembro de 2023

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, inaugurou esta tarde o Mercado Artesanía Alimentaria do Nadal en Lugo, organizado pola Xunta de Galicia; co obxectivo de poñer en valor este indicativo e poñer en contacto a produtores locais con consumidores potenciais.

O evento, que se celebra na praza Horta do Seminario, conta coa presenza de postos de preto dunha trintena empresas produtoras, que comercializarán produtos amparados por este certificado. O mercado está dinamizado con demostracións de cociña, catas, talleres, concertos e obradoiros e espectáculos para os máis pequenos.

Mañá, sábado 16 de decembro, o mercado estará aberto de 10 a 14,00 horas e de 16 a 21,00 horas. E a programación inclúe un espectáculo de teatro infantil, ademais de obradoiros ou unha demostración de cociña sobre merendas artesás, na que se poderá aprender a elaborar petiscos doces e salgados para as datas do Nadal por parte do chef Héctor López do restaurante España.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/12/2023