Trenor anuncia unha nova obra de 392.000€ no CEIP O Mosteirón de Sada que eleva o investimento comprometido pola xunta na comarca da Coruña a 3,9 M€

O investimento previsto neste centro é para levar a cabo a substitución da cuberta

O delegado da Xunta destaca que esta actuación mellorará o confort do alumnado e do profesorado e a eficiencia enerxética do edificio
 

Sada (A Coruña), 22 de decembro de 2023

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, anunciou hoxe a licitación dunha nova actuación no Ceip do Mosteirón de Sada que contará cunha partida de 392.000 euros, o que eleva o investimento comprometido pola Xunta de Galicia na comarca da Coruña máis de 3,9 M€ entre grandes obras, obras menores e a instalación de placas fotovoltaicas.

Trenor subliñou que esta actuación busca “mellorar as condicións xerais do centro, en especial o confort do alumnado e do profesorado e a eficiencia enerxética”. A intervención contempla a substitución da cuberta de 1.815 metros cadrados por outra nova de tella e outras obras menores propostas polo equipo directivo.

O representante da da Xunta de Galicia explicou que esta actuación se enmarca no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, a folla de ruta do Goberno galego para renovar as instalacións educativas e adaptalas ás necesidades do século XXI.

“Este plan ten entre as súas prioridades mellorar a eficiencia enerxética dos edificios educativos, o que redunda ademais nun maior confort térmico para todos os membros da comunidade escolar”, sinalou o delegado. “Actuacións como esta, de renovación de cuberta que acometeremos neste instituto, son fundamentais para avanzar neste obxectivo de acadar centros educativos máis verdes e máis respectuosos co medio ambiente”, destacou.

Obras centros educativos Coruña

Esta nova intervención súmanse ás que o Goberno galego está executando nos concellos da Área Metropolitana da Coruña sen contar as da cidade.  Concretamente, a Xunta de Galicia está a investir máis de 3,9 millóns de euros en 32 actuacións que inclúen 10 grandes obras en Aranga, Abegondo, Culleredo, Curtis, Oleiros, Oza-Cesuras, Sada e Vilasantar, a instalación de placas fotovoltaicas en centros educativos de Betanzos, Carral, Culleredo e Oleiros e 14 obras menores en 12 colexios e institutos da comarca da Coruña.

GRANDES OBRAS

 
CONCELLO
CENTRO
TIPO DE OBRA
IMPORTE
 
ARANGA
CEIP DA CASTELLANA
MELLORAS SECTORIAIS. CARPINTERÍA
216.319,00 €
 
ABEGONDO
CEIP PLURILINGÜE SAN MARCOS
REHABILITACIÓN INTEGRAL
772.693,90 €
 
CULLEREDO
CIFP UNIVERSIDADE LABORAL
MELLORAS SECTORIAIS. CUBERTA
519.632,18 €
 
 
 
 
CULLEREDO
CIFP UNIVERSIDADE LABORAL
MELLORAS SECTORIAIS. REFORMA INSTALACIÓN MEDIA TENSIÓN
149.765,33 €
 
CURTIS
CEIP DE CURTIS
MELLORAS SECTORIAIS. CARPINTERÍAS E OUTROS
220.220,00 €
 
CURTIS
IES DE CURTIS
REHABILITACIÓN INTEGRAL
912.467,43 €
 
OLEIROS
CEIP JUANA DE VEGA
AMPLIACIÓN. PATIO CUBERTO
100.738,82 €
 
OZA-CESURAS
CEIP DE OZA DOS RÍOS
MELLORAS SECTORIAIS. SUBSTITUCIÓN DE FIESTRAS
142.986,50 €
 
SADA
CEIP O MOSTEIRÓN
SUBSTITUCIÓN DE CUBERTA
392.616 €
 
VILASANTAR

CEIP DE PRÉSARAS      

 MELLORAS SECTORIAIS. SUBSTITUCIÓN DE CUBERTA, DE FIESTRAS, E   SATE

284.598,95 €
 
10
   
3.712.038€
 

OBRAS MENORES

 
CONCELLO
TIPO CENTRO
NOME CENTRO
INTERVENCIÓN
 IMPORTE 
ARTEIXO
CEIP
DE ARTEIXO

PROYECTO AULA DE FUTURO

    5.929,00 €
BETANZOS
CEIP
FRANCISCO VALES VILLAMARÍN

LEGALIZACIÓN INSTALACIÓN TÉRMICA (CERTIFICADO INSTALADOR)

    1.089,00 €
BETANZOS
CEIP

FRANCISCO VALES VILLAMARÍN

LEGALIZACIÓN INSTALACIÓN TÉRMICA (PROYECTO Y DIRECCIÓN DE OBRA)

    3.000,00 €
BETANZOS
IES
AS MARIÑAS

DEMOLICIÓN DE TABIQUES EN NAVE DE TALLERES

   19.827,28 €
BETANZOS
IES
AS MARIÑAS

DEMOLICIÓN DE TABIQUES EN NAVE DE TALLERES (CSS)

      465,85 €
BETANZOS
IES
FRANCISCO AGUIAR

REPARACIOINES EN VESTUARIOS DE PABELLÓN

   16.502,74 €
CAMBRE
CEIP

WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

REPARACIÓN DE TUBERÍA DE CALEFACCIÓN

    2.087,58 €
CAMBRE
IES
AFONSO X O SABIO
DESPRENDIMIENTO EN DINTELES
   14.919,30 €
CULLEREDO
CEIP
DE TARRÍO

REPARACIÓN DE CALDERA DE CALEFACCIÓN

      431,97 €
CULLEREDO
IES
EDUARDO BLANCO AMOR
REPARACIÓN DE RED DE PLUVIALES
    5.687,00 €
CULLEREDO
IES
REGO DE TRABE

REPARACIONES ELÉCTRICAS (OCA)

    5.552,25 €
OLEIROS
CEIP
DA RABADEIRA

INSTALACIÓN DE REGULADOR DE GLP EN COCINA

      244,93 €
OLEIROS
CEIP
LUÍS SEOANE

REFORMA DE CARPINTERÍA DE VENTANAS DE BAÑOS, SE CAEN LAS LAMAS DE VIDRIO

    4.911,04 €
OLEIROS
IES
MARÍA CASARES

REPARACIÓN DE CUMBRERA DE CUBIERTA DESPRENDIDA POR TEMPORAL

    1.028,50 €
14
     
                 81.676    €

 

 

PLACA FOTOVOLTAICAS

  
CONCELLO
TIPO CENTRO
NOME CENTRO
 IMPORTE (CON IVE)
Betanzos
IES
As Mariñas
 31.797,36 €
Carral
IES
Carral
 28.280,45 €
Culleredo
CIFP

Universidade Laboral

 26.670,48 €
Culleredo
IES
Rego de Trabe
 25.621,80 €
Oleiros
IES
María Casares
 29.502,05 €
8
   
               140.000 €
 

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/12/2023