A Xunta salienta a importancia dos produtos agroalimentarios con selo de calidade a través da campaña “come local” en centros educativos

A Coruña, 22 de xaneiro de 2023

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou hoxe nunha actividade enmarcada na campaña “Come Local”, que ten por obxectivo promocionar o produto de proximidade como parte do Pacto Verde Europeo e a estratexia “Da Granxa á mesa” da Unión Europea.

Esta xornada de degustación desenvolveuse no CIFP Paseo das Pontes da Coruña, onde o director estivo acompañado polo responsable do centro, Pablo Sobrado, xunto co equipo docente e o alumnado de formación profesional de cociña e restauración. A actividade serviu para dar a coñecer os produtos e produtores que cooperan nesta iniciativa de promoción dos selos de calidade alimentaria galego, así como impulsar o seu consumo en centros educativos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/01/2024