A Xunta visita as instalacións de Cáritas Diocesana e de Diaconía na cidade de Lugo

Lugo, 23 de xaneiro de 2024

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá as instalacións de Cáritas Diocesana e de Diaconía na cidade de Lugo. Durante a visita coñeceu os programas e actividades que teñen programadas para este ano 2024 de axuda ás persoas máis vulnerables e de apoio aos grupos de poboación en risco de exclusión.

Arturo Parrado lembrou que o Goberno galego continuará a colaborar coas entidades sociais galegas para atender ás necesidades das persoas en situación de pobreza para gañar en autonomía e saír adiante. Neste sentido, puxo en valor a traxectoria e a experiencia destas dúas entidades na posta en marcha de programas de atención básica, de transición ao emprego ou de apoio educativo, entre outros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/01/2024