Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.905 novas:

15/05/2024 | 21:29 | C. de Economía e Industria

Lorenzana aborda con Ceaga os pormenores da liña de axudas extraordinaria que a Xunta vai aprobar para a industria auxiliar da automoción

Trátase dunha das reunións técnicas que, desde a Consellería de Economía e Industria, se están mantendo cos axentes da industria da automoción para completar os traballos do plan director do sector comprometido para os primeiros cen días de goberno, xunto co da industria naval

15/05/2024 | 21:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta a través do Polo de emprendemento de Silleda por reforzar o tecido produtivo local

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, inaugurou esta tardiña na sede do Polo o evento ‘Somos negocio de proximidade: explorando fortalezas e oportunidades’, para detectar oportunidades de crecemento como a dixitalización

15/05/2024 | 20:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo a colaboración da rede de polos con AJE Galicia para o fomento do emprendemento

Esta tarde celebrouse en Vigo a xornada ‘Aprende a xerar ingresos coas redes sociais da túa empresa’, organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Galicia

15/05/2024 | 19:37 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos enxalza a aportación ao patrimonio cultural galego da actividade da mariña mercante en Galicia

 O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude inaugura o novo espazo baixo o epígrafe Contra vento e marea que pon en valor estas achegas no Museo do Mar de Galicia

15/05/2024 | 19:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor en Valencia as políticas públicas para impulsar o uso da madeira como material na construción

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, participou cunha conferencia na 40ª edición de Fimma+Maderalia

15/05/2024 | 18:56 | C. de Política Social e Igualdade

O Observatorio galego LGBTIQ+ acorda impulsar este órgano para convertelo na canle de referencia entre as administracións e o colectivo

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, que presidiu o encontro en funcións, defendeu o compromiso real da Xunta coa defensa dos dereitos do colectivo LGTBI

15/05/2024 | 18:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reitera a urxencia dunha folla de ruta concreta por parte do Goberno central para desenvolver a alta velocidade entre Vigo Porto

Ante o anuncio do Goberno portugués sobre a chegada do AVE de Madrid a Lisboa en 2034, o Executivo galego agarda que na presentación de mañá do Plan Director do Corredor Atlántico, o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible anuncie prazos e orzamento para a conexión con Portugal en territorio español, incluíndo a saída sur de Vigo 

15/05/2024 | 18:51 | C. de Sanidade; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e a Consellería de Cultura agasallan cun libro aos doantes co gallo do Día das Letras Galegas

As persoas que acudan a doar na véspera da xornada festiva, recibirán este obsequio especial co que conmemorar esta xornada, que este ano lembra a figura da escritora coruñesa Luisa Villalta

15/05/2024 | 18:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A directora xeral de Formación Profesional pon como exemplo de boas prácticas na educación especial o Campionato de Baristas

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Eugenia Pérez asiste á segunda edición deste certame no que participaron seis centros galegos