Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana aborda con Ceaga os pormenores da liña de axudas extraordinaria que a Xunta vai aprobar para a industria auxiliar da automoción
Trátase dunha das reunións técnicas que, desde a Consellería de Economía e Industria, se están mantendo cos axentes da industria da automoción para completar os traballos do plan director do sector comprometido para os primeiros cen días de goberno, xunto co da industria naval
A Xunta aposta a través do Polo de emprendemento de Silleda por reforzar o tecido produtivo local
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, inaugurou esta tardiña na sede do Polo o evento ‘Somos negocio de proximidade: explorando fortalezas e oportunidades’, para detectar oportunidades de crecemento como a dixitalización
A Xunta pon de relevo a colaboración da rede de polos con AJE Galicia para o fomento do emprendemento
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, clausurou esta tarde en Vigo a xornada ’Aprende a xerar ingresos coas redes sociais da túa empresa’, organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Galicia
López Campos enxalza a aportación ao patrimonio cultural galego da actividade da mariña mercante en Galicia
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude inaugura o novo espazo baixo o epígrafe Contra vento e marea que pon en valor estas achegas no Museo do Mar de Galicia
A Xunta pon en valor en Valencia as políticas públicas para impulsar o uso da madeira como material na construción
O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, participou cunha conferencia na 40ª edición de Fimma+Maderalia
O Observatorio galego LGBTIQ+ acorda impulsar este órgano para convertelo na canle de referencia entre as administracións e o colectivo
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, que presidiu o encontro en funcións, defendeu o compromiso real da Xunta coa defensa dos dereitos do colectivo LGTBI
A Xunta reitera a urxencia dunha folla de ruta concreta por parte do Goberno central para desenvolver a alta velocidade entre Vigo Porto
Ante o anuncio do Goberno portugués sobre a chegada do AVE de Madrid a Lisboa en 2034, o Executivo galego agarda que na presentación de mañá do Plan Director do Corredor Atlántico, o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible anuncie prazos e orzamento para a conexión con Portugal en territorio español, incluíndo a saída sur de Vigo
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e a Consellería de Cultura agasallan cun libro aos doantes co gallo do Día das Letras Galegas
As persoas que acudan a doar na véspera da xornada festiva, recibirán este obsequio especial co que conmemorar esta xornada, que este ano lembra a figura da escritora coruñesa Luisa Villalta
A directora xeral de Formación Profesional pon como exemplo de boas prácticas na educación especial o Campionato de Baristas
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Eugenia Pérez asiste á segunda edición deste certame no que participaron seis centros galegos