Actualidade
Buscador de novas
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a orde de axudas para as oficinas de farmacia que se localicen en zonas farmacéuticas especiais
A finalidade destas subvencións, ás que a Xunta destina preto de 100.000 euros, é facilitar o mantemento das oficinas de farmacia como servizo básico imprescindible para favorecer o arraigo da poboación no rural
Galicia incluirá como obrigatoria a formación dixital do profesorado e valorará estes coñecementos como méritos nos procesos selectivos
Román Rodríguez explica que esa obrigatoriedade cinguirase a determinadas competencias consideradas estratéxicas para o bo funcionamento do sistema
Gómez Caamaño salienta que o proxecto Equio impulsará a primeira rede transfronteiriza integral de atención ao cancro para optimizar o acceso á mellor asistencia oncolóxica
Destaca que Equio terá un impacto real na vida das persoas, facilitando o seu acceso a técnicas avanzadas
O Servizo Galego de Saúde abre este xoves o prazo para a elección de hospital na área sanitaria de Vigo
Poderán solicitar o cambio de hospital os pacientes dos concellos de Cangas de Morrazo, Moaña, Baiona, Nigrán, Gondomar e de determinados centros de Vigo
Rueda salienta o bo momento que está a vivir o sector do libro en lingua galega
Resalta os bos datos de lectura da nosa comunidade e o prestixio e proxección da cultura galega no seu conxunto
Xa son 292 os concellos que solicitaron a súa adhesión ao convenio de xestión da biomasa de Medio Rural
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, presidiu esta tarde a comisión de seguimento deste acordo, asinado entre a Consellería e a empresa pública Seaga
A Xunta dialogará cos sindicatos e a patronal un plan de abordaxe para reducir o impacto negativo do absentismo blindando os dereitos dos traballadores
José González explicou que o obxectivo é completar o deseño deste programa coas achegas, suxestións e melloras da parte social
A Xunta impulsa en San Simón a residencia audiovisual Conecta Lab para avanzar no desenvolvemento de seis novos proxectos cinematográficos
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais destaca a utilidade do encontro para concretar e mellorar o proceso de creación