Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 34.214 novas da Fonte::

07/04/2026 | 15:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o investimento de preto de 5,2 M€ na cidade da Coruña para impulsar preto de 100 cursos AFD dirixidos a mellorar a empregabilidade dos desempregados

A nova convocatoria 2026-2027 destas formacións conta con 60 millóns de euros, ten o prazo aberto ata o 30 de novembro, e aposta por unha formación máis flexible, dual e conectada co mercado laboral

07/04/2026 | 15:20 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a maioría dos montes de xestión pública contan con certificación forestal

A conselleira do Medio Rural subliñou hoxe, nunha visita a un destes terreos no Porriño, que o 15 % da superficie forestal é de xestión pública: arredor de 230.000 hectáreas, nas que preto do 85 % están certificadas

07/04/2026 | 15:12 | C. de Sanidade

O Sergas publica o nomeamento como persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino dos seleccionados nos procesos selectivos para o ingreso en varias categorías de persoal sanitario

Resultan nomeados cinco profesionais na categoría de médico de urxencias hospitalarias en prazas vacantes para cubrir postos de difícil cobertura

07/04/2026 | 15:05 | C. do Medio Rural

Medio rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14.45 horas

Controlado o incendio do concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Ribadetea, que segundo as últimas medicións dispoñibles afecta arredor de 750 hectáreas e no que se decretou a Situación 2 como medida preventiva, que xa foi desactivada

07/04/2026 | 15:03 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos reivindica os principios constitucionais de igualdade e solidariedade para o novo sistema de financiamento autonómico

O conselleiro de Facenda e Administración Pública defendeu o criterio de poboación axustada fronte ao da capacidade tributaria de cada territorio

07/04/2026 | 14:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta confía en que a última resolución da xustiza galega sobre un proxecto eólico supoña un punto de inflexión cara ao desbloqueo do sector

Paula Uría agarda que se reactiven estas iniciativas porque cada megawatt de fontes de enerxía renovable que non se incorpora ao sistema é unha oportunidade perdida para reducir emisións, atraer industria verde e contar cun modelo máis sostible

07/04/2026 | 14:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta leva investido nos últimos oito anos máis de 110 M€ na industria forestal de Galicia

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, destacou en comisión parlamentaria que o obxectivo principal leva sido reducir a carga administrativa, especialmente, nas fases de solicitude e concesión

07/04/2026 | 14:51 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destina 4,2 millóns de euros ás empresas turísticas de Lugo para mellorar as instalacións e a eficiencia enerxética

O delegado territorial, Javier Arias, destaca que no último ano concedéronse na provincia 70 axudas para “reforzar a calidade e a competitividade dun sector clave para a nosa economía”

07/04/2026 | 14:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta actualizará a normativa autonómica da inspección educativa para dar resposta ás necesidades actuais do sistema

Recollerá a importancia do seu traballo na relación entre a administración e os centros e como principal figura de apoio aos equipos directivos e ao profesorado

07/04/2026 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda a problemática do servizo de taxi no aeroporto de Alvedro e tamén propón a creación dunha área de prestación conxunta na área metropolitana da Coruña

No encontro abordouse establecer un réxime específico temporal que permita a todos os taxistas titulares das licenzas domiciliadas no Concello da Coruña a prestación do servizo durante o peche do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro entre o 23 de abril e o 27 de maio