Actualidade
Buscador de novas
Extinguido o incendio forestal do concello coruñés da Laracha, parroquia de Caión
O lume deuse por rematado ás 00.49 horas de hoxe e afectou finalmente unha superficie de 33,49 hectáreas, das cales 19,49 corresponden a monte arborado e as 14 restantes a raso
Estabilizado un incendio no concello coruñés da Laracha, parroquia de Caión
O lume iniciouse ás 16.07 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 20 hectáreas
Belén do Campo asiste á inauguración da exposición ‘Lalique. A beleza no art nouveau e no art decó’ na Fundación Barrié
A delegada da Xunta reiterou o compromiso da Xunta co apoio a entidades culturais que, como a Fundación Barrié, “traballan de xeito continuado por facer accesible a cultura e por fomentar o coñecemento e a creatividade na sociedade galega”
A Xunta reafirma o compromiso co reforzo da rede asistencial do Hospital psiquiátrico de Conxo e a mellora progresiva das súas instalacións
O Executivo galego investiu preto de 850.000 euros en 2025 na mellora das cubertas do hospital compostelán
Rueda apela á colaboración do sector para cumprir o reto de chegar ás 10.000 vivendas públicas en 2030
Puxo en valor o esforzo inédito que está facendo o Goberno galego para poñer en marcha máis fogares para os galegos e galegas
O Sergas remarca que nos hospitais galegos “hai planificación, resposta e capacidade de adaptación” ante momentos de especial presión asistencial
Lembra que cando se producen momentos de maior demanda, o sistema responde con máis profesionais, máis camas, máis capacidade de drenaxe de pacientes e habilitación de espazos asistenciais
A Xunta eleva este ano ata máis de medio cento as campañas de prevención de riscos, seguridade e saúde no ámbito laboral
A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, deu conta no Parlamento dos programas e accións que impulsa o organismo dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
A Xunta destaca o papel dos museos na construción dunha sociedade máis inclusiva e diversa
A nova mostra do centro xestionado polo Goberno galego é o resultado de dous proxectos realizados no centro de menores de Montealegre e na residencia Nosa Señora dos Anxos
O seguimento na quenda de tarde da folga de atención primaria acada o 1,61 % na sanidade pública galega
O paro está convocado polo sindicato CIG, a única forza sindical que non se sumou ata o momento á reforma integral da atención primaria que a Consellería de Sanidade está a negociar xa con seis organizacións sindicais