Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inicia os traballos previos á demolición do viaduto sobre a AC-012, incluída no Plan de accesos ao Novo CHUAC
Hoxe comezaron as tarefas de eliminación da mediana na avenida da Pasaxe e os traballos de talado e poda de arborado na estrada das Xubias
O seguimento na quenda de tarde da folga de facultativos de atención primaria acada o 2,82 % na sanidade pública galega
En toda a comunidade foron 17 os profesionais que secundaron esta tarde o paro
A II Feira Educativa de Ourense pon a disposición do alumnado información para decidir o seu futuro
A cita, que se celebrará o mércores e o xoves, achega aos rapaces a oferta de FP e das tres universidades galegas, así como os proxectos de colexios e institutos
A Xunta amplía os mecanismos de detección temperá de incendios forestais cunha nova app para a cidadanía, máis cámaras de videovixilancia e a implantación da IA no sistema
Trátase dalgunha das novidades do novo Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga), que se presentará este venres no Consello Forestal
Galicia deixará de ingresar máis de 120 M€ nas arcas autonómicas polas medidas aprobadas polo Goberno central para paliar os efectos da guerra de Irán
As medidas con impacto fiscal anunciadas afectan a tributos cedidos ás comunidades, polo que o impacto da menor recadación repártese entre o Estado e as autonomías
A Xunta salienta a investigación como peza clave para garantir a protección e conservación do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
A décima edición destas xornadas supón a consolidación dun modelo de divulgación científica continuado e aberto á cidadanía para mostrar que o traballo dos investigadores se traduce en accións concretas e reais de protección
Rueda anuncia que a Xunta destina 22,7 M€ a medidas para a recuperación e rexeneración dos bancos marisqueiros afectados polos temporais
A finalidade é paliar os episodios da baixa salinidade que provocaron importantes mortaldades de moluscos nas rías galegas
Manuel Pardo lembra que a Xunta ten aberto o prazo da nova convocatoria do Plan específico de acción comunitaria, dotado con 3 M€
O delegado territorial destacou que esta nova orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, aberta ata o vindeiro 20 de abril, está dirixida a colectivos veciñais, asociacións de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas , co fin seguir apoiando o papel fundamental que estas entidades xogan na dinamización da vida social e cultural e na mellora da calidade de vida dos veciños
Rueda destaca que a Xunta insta o Goberno central a garantir a conservación do Pazo de Meirás e permitir as visitas públicas
Sinala que o Executivo galego reiterará a súa petición para xestionar este espazo, unha vez que o Estado leve a cabo as actuacións necesarias para a súa conservación e seguridade