Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 34.146 novas da Fonte::

16/03/2026 | 16:33 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta facilita a renovación das prazas das escolas infantís da rede pública autonómica de xeito proactivo

Mediante o envío dunha mensaxe SMS, lémbrase ás familias a posibilidade de renovar cun enlace directo á solicitude web

16/03/2026 | 16:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ofrecerá vivendas de reemprazo aos afectados polas expropiacións do PIA de Monte Mero, na Coruña

O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, acaba de convocar ás persoas afectadas a unha reunión para explicarlles o proceso o día 25

16/03/2026 | 16:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A construción dunha cuneta de seguridade na conexión da AG-46, sentido Brión- Santiago, coa SC-20, fai necesario un corte diurno deste ramal desde hoxe e ata o mércores

O corte comezou este luns e se prolongará ata as 19.00 horas de hoxe, prevéndose para maña, martes 17, o corte deste ramal, entre as 9,00 e as 19.00 horas

16/03/2026 | 16:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a colaboración co sistema universitario público galego en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, e o director xeral de Violencia de Xénero, Roberto Barba, reúnense coas representantes das unidades de Igualdade destas institucións

16/03/2026 | 15:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que mañá abrirá o período para solicitar unha das 1.133 prazas nas escolas infantís da rede pública autonómica en Lugo

Como novidade, auméntase a baremación para as familias nas que traballan os dous proxenitores e dáse prioridade total ás vítimas de violencia de xénero

16/03/2026 | 15:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta expón en Bruxelas que o desleixo do Goberno central ao non traspor a directiva de renovables lastra o seu impulso e contribúe ao parón eólico

Ángeles Vázquez considera urxente que se incorpore ao ordenamento xurídico español o recoñecemento do interese público superior deste tipo de proxectos, clave para clarificar a situación xudicial e avanzar no eido da descarbonización

16/03/2026 | 15:21 | A Presidencia da Xunta
16/03/2026 | 15:19 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda anuncia o inicio da tramitación da futura Lei de transformación dixital do sistema público de saúde para afondar na ciberseguridade e no uso das tecnoloxías de automatización no diagnóstico

Abrirase un proceso de consulta pública para recibir achegas da sociedade á redacción da norma, que tamén busca loitar contra a fenda dixital

16/03/2026 | 15:17 | Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra que desde mañá xa se pode solicitar unha das 1.179 prazas das escolas infantís da Rede Pública Autonómica en Ourense

Como novidade, auméntase a baremación para as familias nas que traballan os dous proxenitores e dáse prioridade total ás vítimas de violencia de xénero

16/03/2026 | 15:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta aposta pola integración dos colectivos máis vulnerables reforzando a FP adaptada

Aneiros salientou que esta vía formativa “exclusiva e pioneira de Galicia” está pensada para “ofrecer unha formación específica e un apoio personalizado e adaptado”