Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.159 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

16/06/2024 | 14:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o papel da artesanía na dinamización comercial das vilas e cidades galegas

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá o evento Sabor a Novo, que se celebra durante toda a xornada de hoxe no Pazo de San Lourenzo, en Santiago

16/06/2024 | 13:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a remuda na xastrería a través do programa ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron hoxe á última xornada do curso de iniciación á xastrería artesanal impulsado pola Xunta en Santiago de Compostela

16/06/2024 | 12:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González avalía coa Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais a importancia de reforzar a difusión e visibilización do traballo destas entidades

O titular de Emprego compartiu co máximo representante do colectivo en Galicia que é clave trasladar as vantaxes que ofrecen dentro da economía social 

15/06/2024 | 17:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González pon en valor o termalismo como elemento dinamizador do rural e xerador de emprego

Defendeu a necesidade de coidar e impulsar o termalismo como motor económico e remarcou que a Xunta leva anos traballando neste eido para potenciar este sector

15/06/2024 | 15:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia en Santiago de Compostela a transmisión da marroquinería dentro dos oficios e das técnicas artesanais tradicionais de Galicia

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu hoxe á última xornada do curso ‘Marroquinería fina. Deseño e elaboración dun chestbag’, enmarcado no programa formativo do Goberno galego ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’

14/06/2024 | 15:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor as súas políticas para impulsar o cooperativismo na Asemblea Xeral da Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, está a participar nesta cita que se celebra en Valencia, capital española este ano da economía social

14/06/2024 | 13:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Lugo a campaña ‘Días azuis’ de impulso ao comercio local de Galicia e coa que se promove a remuda xeracional

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén percorreu hoxe varios locais que participan na iniciativa da Xunta e da Federación Galega de Comercio

14/06/2024 | 13:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre á cidadanía a sede reformada de emigración e a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento de Retorno para o que se investiu 1,8 M€

José González puxo en valor na xornada de portas abertas as novas instalacións de Mazarelos para ofrecer mellores servizos ás persoas retornadas

14/06/2024 | 12:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O polo de emprendemento de Friol da Xunta prestou xa asesoramento a preto de 150 proxectos empresariais, máis dun 20% do ámbito científico e técnico

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na xornada Os polos, comunidade emprendedora, que organizou o centro lucense no marco do seu programa de actividades