Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.749 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

23/04/2026 | 14:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia leva a Lugo as xincanas urbanas de ‘Localízate’ para achegar a mocidade ao comercio de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na segunda xincana urbana organizada no marco deste programa autonómico

22/04/2026 | 20:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia pon en valor a campaña do centro comercial aberto Zona Obelisco en colaboración co Básquet Coruña

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou hoxe na entrega dunha camiseta asinada polos xogadores do clube de baloncesto a unha das persoas que mercou no comercio local

22/04/2026 | 17:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abordará o absentismo laboral con medidas acordadas no marco do diálogo social e apela á oposición ao consenso

En resposta a unha pregunta parlamentaria, José González defende deseñar cos axentes sociais un plan integral para reducir o impacto do absentismo en Galicia, tendo en conta o informe elaborado por expertos das universidades de Santiago e Vigo

22/04/2026 | 15:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Ana Ortiz salienta que a Xunta “dá un paso adiante” no mercado laboral e busca solucións a través do diálogo social como “ferramenta clave”

A delegada territorial do Goberno galego en Vigo participou na clausura do encontro sobre absentismo laboral celebrado no Círculo de Empresarios

22/04/2026 | 14:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o traballo do Polo de emprendemento de Melide con 376 iniciativas apoiadas das cales o 54% son proxectos postos en marcha por mulleres

Na visita a delegada mantivo varios encontros con beneficiarios, o ano pasado, dos apoios para o bono autónomo que xa ten aberta a convocatoria deste ano ata o 30 de setembro

22/04/2026 | 13:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta fomenta o relevo dos negocios galegos co Bono Remuda

Reguera informou en rolda e prensa sobre esta iniciativa que conta cun orzamento total de 1,5 millóns de euros

22/04/2026 | 12:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Martina Aneiros anima a solicitar o Bono Autónomo antes do 30 de setembro

A delegada territorial da Xunta en Ferrol puxo o foco nesta convocatoria durante a visita a Óptica A Gándara, beneficiaria desta liña de axudas o pasado ano

21/04/2026 | 18:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a Feira Galega de Artesáns que acollerá Ribadavia do 1 ao 3 de maio coincidindo coa 63ª edición da Feira do Viño do Ribeiro

José González enmarca a feira na colaboración da Fundación Artesanía de Galicia coa Asociación Galega de Artesáns (AGA), que suporá a celebración deica setembro dunha ducia destas feiras, das que xa tiveron lugar as de Ferrol e Padrón