Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.738 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

08/07/2026 | 11:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor os proxectos finais do programa ‘Innovación e Talento Novo’ a prol da colaboración do ecosistema emprendedor co ámbito universitario

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe no ‘Demo Day’ da iniciativa impulsada polo Goberno galego, a plataforma U4impact e as universidades públicas galegas

08/07/2026 | 11:40 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a formación de preto de 50 mestres de entidades galegas do exterior que difundirán o baile e a música tradicional de Galicia por América e Europa

Desde hoxe ata o 20 de xullo o alumnado de Escolas Abertas —dunha idade media de 35 anos— recibirá formación especializada nas modalidades de baile tradicional galego, canto popular, pandeireta, gaita e percusión e habilidades directivas neste eido

07/07/2026 | 15:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima a solicitar antes do 13 de xullo os 6,5 M€ para incentivar o emprego de persoas mozas inscritas no Programa Nacional de Garantía Xuvenil

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o Concello de Moeche, onde se contratou un traballador grazas á pasada edición desta orde

07/07/2026 | 15:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reúne en Muimenta o consello asesor de Ultreia Galicia para seguir avanzando na estratexia de emprendemento ligado ao territorio

José González coñeceu as principais liñas de traballo e a evolución dos proxectos piloto desenvolvidos polos diferentes grupos constituídos para fortalecer o tecido emprendedor e favorecer novas oportunidades de desenvolvemento local

07/07/2026 | 14:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon os programas integrados de emprego impulsados por Amicos como exemplo de integración sociolaboral nas comarcas do Barbanza e Noia

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego participou no acto de entrega de diplomas ás persoas participantes no PIE impulsado pola asociación entre o ano pasado e este, apoiado polo Goberno galego cunha achega de 220.000 euros

06/07/2026 | 15:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Martina Aneiros dá a benvida en Pontedeume aos 20 alumnos que participan no obradoiro dual de emprego ‘Ártabro Emprende V’

Trátase dunha iniciativa promovida polos concellos de Pontedeume, Cabanas e Miño e financiada cunha axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de máis de 454.500 euros

06/07/2026 | 14:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta resolve preto de 260 axudas para impulsar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria 2026 destas achegas dirixidas a pemes, persoas traballadoras autónomas e entidades sen ánimo de lucro por un valor global de preto de 1,3 M€

05/07/2026 | 13:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor nos novos ‘Domingos Vivos’ de Ribadavia a decena de locais comerciais rehabilitados e abertos ao público no marco da iniciativa Vilas Vivas

José González destaca a ampla programación cultural —música, obradoiros, catas e rutas guiadas— que se repetirá cada primeiro domingo de mes para complementar a aposta polo comercio local e a apertura de novos negocios dentro de Vilas Vivas