Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo visitou hoxe a zona comercial do barrio de Monte Alto na Coruña coa Campaña Merca no teu Comercio
A delegada da Xunta puxo en valor unha das iniciativas da Xunta de Galicia, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, para dinamizar as vendas de proximidade.
A Xunta destina máis de 185.000 € á dinamización de catro centros comerciais abertos do Salnés
A liña de axudas conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros, dos cales preto de 900.000 quedarán nas asociacións da provincia de Pontevedra
A Xunta reforza o programa Investigo con 738.000 euros adicionais ás pequenas e medianas empresas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se materializa esta acción co fin de incrementar o seu impacto na contratación de mozos e mozas como investigadores, tecnólogos, persoal técnico e outros perfís especializados en I+D+i
A Xunta destaca a Feira Corazón de Artesanía como emblema do talento de Galicia neste sector e o seu potencial na dinamización do territorio
José González subliñou que esta cita pon en valor os oficios artesáns e a promoción dos seus produtos incentivando a relación destes profesionais con empresas de distribución de produto e tendas co fin de impulsar este sector
Rueda salienta na Toxa o papel clave da diáspora galega como aliada estratéxica para o desenvolvemento económico de Galicia
Destaca que Galicia vive un momento especialmente atractivo, bo para o emprendemento e cunhas cifras de paro que seguen mellorando
Martina Aneiros destaca a relevancia das mesas locais de comercio para dar resposta ás necesidades reais do sector
A delegada territorial participou esta mañá na Mesa Local de Comercio de Ortigueira
A Xunta impulsa en Sanxenxo a comercialización de Artesanía de Galicia a través dunha tenda efémera en colaboración coa marca D-Due
Durante os meses de xullo e agosto celebrarase a quinta edición da ‘Summer Shop D-Due & Artesanía de Galicia’, na que se poderán atopar pezas de 44 obradoiros artesanais galegos