Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.739 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

05/07/2026 | 13:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor nos novos ‘Domingos Vivos’ de Ribadavia a decena de locais comerciais rehabilitados e abertos ao público no marco da iniciativa Vilas Vivas

José González destaca a ampla programación cultural —música, obradoiros, catas e rutas guiadas— que se repetirá cada primeiro domingo de mes para complementar a aposta polo comercio local e a apertura de novos negocios dentro de Vilas Vivas

05/07/2026 | 10:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta insta a reforzar a prevención dos riscos laborais polas altas temperaturas ofrecendo asesoramento técnico ao tecido produtivo

A campaña do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) ‘Traballo e calor’ apela a manter unha boa hidratación, facer descansos, alimentarse de forma lixeira e aclimatarse adecuadamente cando se traballa baixo calor extrema

04/07/2026 | 19:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o papel da artesanía como motor de desenvolvemento económico e cultural no marco da cita ‘Corazón da Artesanía’ en Agolada

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias visitou esta tarde a segunda xornada do evento impulsado pola Fundación Artesanía de Galicia

04/07/2026 | 12:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a contribución das cooperativas á economía galega cunha facturación anual de arredor de 3.400 M€

José González destaca o auxe deste modelo, que en Galicia supera as 2.000 cooperativas activas, e a aposta autonómica neste eido, que se verá reforzada coa nova Lei de cooperativas na que está traballando o Goberno galego

03/07/2026 | 15:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo participa na inauguración da nova tenda de Arroupa Moda Re e destaca o seu papel como referente de economía circular e social

A Xunta puxo en valor o labor de Cáritas Diocesana por impulsar proxectos que combinan inclusión social, sustentabilidade e creación de emprego

03/07/2026 | 15:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reivindica na Agolada a importancia da remuda xeracional na artesanía para reforzar un sector que crea emprego e dinamiza o territorio

José González destacou que esta cita constitúe o principal escaparate anual da artesanía galega e un espazo estratéxico para visibilizar o talento dos profesionais, favorecer novas oportunidades de negocio e seguir espertando vocacións na mocidade

03/07/2026 | 13:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o papel da Feira de Artesanía de Outeiro de Rei na divulgación e posta en valor dos oficios tradicionais

O director xeral de Comercio e Consumo participou na inauguración da XVIII edición deste evento que inclúe venda de produtos artesanais e de produtos de alimentación, demostracións en vivo e espectáculos de música e maxia, entre outras actividades

02/07/2026 | 20:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta recoñece o papel das pemes no fortalecemento do mercado laboral galego e reafirma o compromiso coa súa competitividade

José González salienta as pequenas e medianas empresas como columna vertebral da economía galega, xeradoras de riqueza, emprego de calidade e novas oportunidades para o territorio