Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.086 novas da área temática Comercio da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

27/10/2026 | 20:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor o comercio como un sector fundamental, moderno e competitivo con capacidade de adaptación aos desafíos actuais

Destaca a importancia dos comercios para xerar riqueza local, dinamizar as comunidades, vertebrar o territorio e manter as tradicións sen renunciar á innovación para ofrecer produtos e servizos da máxima calidade

27/10/2026 | 09:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta publica a 2ª edición de 2026 dos Bonos Activa Comercio con outros 2,5 M€ de orzamento en descontos e un novo sorteo nas redes sociais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta nova convocatoria do programa de dinamización da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que porá a disposición da cidadanía desde mañá ás 9,00 horas bonos desconto de ata 30 €

26/10/2026 | 17:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina 5 M€ en 2027 ao despregamento do Plan Integral de Benestar Laboral e eleva o orzamento de Emprego, Comercio e Emigración por riba dos 500 M€

José González salientou tamén como un dos principais fitos do próximo ano a posta en marcha dun plan de microcredenciais en habilidades do futuro (8 M€) que permitirá recoñecer as primeiras formacións ao abeiro do marco pioneiro aprobado en 2026

26/10/2026 | 14:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta lanza a segunda edición de 2026 dos bonos Activa Comercio con outros 2,5 M€ de orzamento en descontos e un novo sorteo nas redes sociais

Rueda resalta que os consumidores poderán descargar os bonos, con ata 30 € de descontos, “desde este mércores” e estarán activos ata esgotarse o crédito inicial

23/10/2026 | 19:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a campaña ‘Redondela no Camiño’ por fortalecer a conexión entre o comercio de proximidade e a historia da vila

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu esta tarde á inauguración desta campaña extraordinaria de dinamización comercial promovida pola Asociación de empresas de Redondela e que é unha das cinco apoiadas este ano polo Goberno galego