Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.000 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

22/07/2026 | 21:34 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o libro ‘Miradas do Camiño’ de Manuel Quintana Martelo como obra clave para achegarse aos sentimentos dos peregrinos na ruta xacobea

Salienta o carácter intimista á vez que universal desta publicación que recompila acuarelas do autor, baseadas na súa propia experiencia camiñando cara a Santiago

22/07/2026 | 15:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta acompaña á mocidade galega do exterior no inicio da nova edición do programa ‘Conecta con Galicia no Camiño’

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, iniciou a xornada cos participantes hospedados na Residencia Florentino López Cuevillas, compartindo os primeiros pasos da Vía da Prata

22/07/2026 | 14:56 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses destaca a perspectiva “lúdica, social e educativa” duns campamentos que contan con 2.820 prazas na provincia da Coruña

Trátase dunha modalidade que ten capacidade para 8.050 nenos e nenas este verán en toda Galicia, 173 máis que o ano pasado

22/07/2026 | 13:57 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos presenta os 14 novos espectáculos para a temporada 2026-2027 do Centro Dramático Galego baixo o lema 'Tempo de teatro'

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude reivindica a compañía de teatro da Xunta como un espazo dinámico, aberto e compartido, “escaparate da mellor Galicia Calidade”

22/07/2026 | 12:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude
21/07/2026 | 14:39 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses celebra “un verán de recórd” con máis de 1.960 nenos e nenas desfrutando dos campamentos ‘Modo Verán Activo’ na provincia de Lugo

A directora xeral de Xuventude destaca a importancia “de ofrecerlle á cativada e mocidade propostas que combinen ocio e educación non formal”

21/07/2026 | 14:13 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Xunta e Deputación blindan a Xornada Cultural Mar de Galicia cos organizadores para celebrar o evento “na defensa da música local” este mesmo verán

Ana Ortiz e Luisa Sánchez mantiveron este martes unha reunión no Museo do Mar cos responsables da Asociación Cultural e Deportiva Over

21/07/2026 | 11:15 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

‘Atardecer no Gaiás’ trae esta semana a Santiago o rock explosivo do dúo galego Bala

Ánxela Baltar e Violeta Mosquera actuarán na Cidade da Cultura o xoves 23 de xullo, de balde, logo de ter pisado festivais e salas de medio mundo

20/07/2026 | 15:31 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Belén do Campo destaca o apoio da Xunta para mellorar a eficiencia enerxética do novo local cultural no antigo CEIP de Visantoña en Santiso optimizando o servizo á cidadanía

O Concello contou  cunha achega do Goberno galego de case 26.000 euros para Mellora da eficiencia enerxética coa substitución da carpintería exterior do antigo CEIP de Visantoña

20/07/2026 | 15:14 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Rueda destaca que a Xunta leva a candidatura da Ribeira Sacra ao comité de Patrimonio Mundial que comeza hoxe en Corea

O conselleiro de Cultura salienta a singularidade da paisaxe e o patrimonio hidráulico como os principais elementos para obter este recoñecemento da Unesco