Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.487 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

21/02/2026 | 09:54 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

As bibliotecas da Xunta celebran o Día de Rosalía achegando a súa vida e obra a todos os públicos

Os sete espazos xestionados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude programan estes días obradoiros, mostras, contacontos ou propostas musicais

20/02/2026 | 11:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta exporá no Museo das Peregrinacións e de Santiago as pezas escultóricas do Mosteiro de Carboeiro

López Campos celebra “o regreso a Galicia” destas dúas pezas mediante un préstamo de dez anos, prorrogable por outros tantos

19/02/2026 | 15:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A longametraxe 'As Augas' arranca a súa rodaxe no concello de Muíños co apoio do Goberno galego

A Xunta de Galicia cofinancia esta película de Maruxiña Film Company e Matriuska Films cunha achega de 280.000 euros a través da súa liña de subvencións á produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos

19/02/2026 | 13:48 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos reunirase coas principais institucións culturais galegas o 25 de febreiro para avanzar xuntos no deseño das actividades do Ano Oteriano

O representante de Cultura da Xunta salienta que a homenaxe ao ‘Patriarca das Letras Galegas’ debe contar coa “máxima implicación institucional, cultural e social”

19/02/2026 | 12:00 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca a importancia das actividades lúdicas coa cativada a prol do galego

O centro Virxe de Covadonga festexa esta data, que terá lugar o vindeiro sábado, cunha peza teatral coa que colabora a Xunta

18/02/2026 | 17:30 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta destinou 46.000 euros a varias actuacións de mellora no complexo residencial xuvenil LUG I e no albergue LUG II

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, explican que o Goberno galego executa obras periodicamente nestes centros, que ofrecen prazas residenciais, campamentos e outras actividades

18/02/2026 | 13:59 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Rueda demanda axilizar a conexión por alta velocidade con Porto e aposta por intensificar as relacións nos ámbitos cultural e turístico

Destaca a colaboración entre dous territorios con vencellos culturais e lingüísticos que manteñen unha relación estreita de moitos anos

18/02/2026 | 13:13 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Manuel Pardo subliña o valor do programa Galicia Moza con Alma da Xunta a prol da inclusión social

O delegado territorial da Xunta explicou que o programa Galicia Moza con Alma é un programa de inclusión social da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dirixido ás persoas mozas máis desfavorecidas que teñen dificultades para acceder ao traballo ou á formación

18/02/2026 | 11:34 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta pon en marcha a 13ª edición de ‘Galicia Escena PRO’ para reunir o sector escénico do 25 ao 28 de maio

Ábrese ata o 27 de febreiro o prazo de inscrición para que as compañías profesionais presenten as súas propostas de teatro, danza, circo ou maxia