Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.250 novas da C. de Economía e Industria:

07/04/2026 | 14:24 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade viaxará ao espazo no primeiro vehículo español de transferencia orbital deseñado pola empresa galega UARX Space

UARX Space é única en España, e está entre as cinco de todo o mundo, en fabricar este tipo de sistemas capaces de manobrar no espazo

04/04/2026 | 11:32 | C. de Economía e Industria
02/04/2026 | 15:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta lanzará unha segunda edición do Programa en Industria de Defensa para empresas ante a alta demanda de solicitudes recibidas

A primeira convocatoria recibiu 69 candidaturas para as 25 prazas, case o triplo da oferta dispoñible

01/04/2026 | 15:25 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que máis dunha trintena de concellos se levan beneficiado das axudas da Xunta para a instalación de paneis fotovoltaicos

Esta liña de apoios para entidades locais de Galicia, entidades sen ánimo de lucro, e para pemes e autónomos, suma un orzamento de 12 M€ nas dúas últimas edicións

01/04/2026 | 13:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta inicia a venda directa de 32 parcelas de solo empresarial na plataforma loxística da Plisan

 O Goberno galego inicia o proceso para comercializar os soares que quedaron desertos no proceso de poxa á alza e polo mesmo prezo que saíron a concurso

31/03/2026 | 20:13 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca a aposta da Xunta por fomentar un tecido produtivo sostible e competitivo con 277 M€ para paliar os efectos do conflito en Oriente Medio

Recorda que o Goberno galego acaba de aprobar un Plan de 157 M€ con medidas para apoiar a empresas, sectores claves e familias

31/03/2026 | 15:24 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que a Xunta aprobará antes do verán unha nova convocatoria das axudas para fomentar a construción en madeira

Son axudas que poden chegar ata o 70 por cento do gasto subvencionable e que cobren a utilización de produtos en madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma tanto de naves e establecementos como de vivendas unifamiliares; así como a redacción dos respectivos proxectos

27/03/2026 | 14:59 | C. de Economía e Industria

Lorenzana adianta que a Xunta traballa nunha nova edición da aceleradora de internacionalización Galicia avanza cun orzamento de case 1,2 M€

Neste programa, financiado polo Igape, levan participado máis dun cento de empresas en catro edicións

26/03/2026 | 17:33 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

A Xunta sitúa á industria galega á vangarda da descarbonización de Europa na nova edición da feira Enerxétika 2026

O evento acolleu a segunda xornada sobre os Certificados de Aforro Enerxético (CAEs) e a celebración do VI Foro da Biomasa galega, no que participaron o director de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, e a directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro