Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana destaca que a auditoría que RDG está a realizar nos polígonos e portos galegos permitirá abaratar os custos enerxéticos das empresas
Indica que neste momento os traballos están na fase de recollida de datos para coñecer o recurso renovable da contorna, as infraestruturas enerxéticas dispoñibles e os patróns de consumo
A Xunta destaca a responsabilidade social empresarial como motor de transformación económica e desenvolvemento sustentable en Galicia
A directora do Igape, Covadonga Toca, e o director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, participaron hoxe na VI Xornada de Responsabilidade Social Empresarial do Foro Empresa Pontevedra
Rueda destaca que o traslado completo de Repsol a Punta Langosteira suporá un gran pulo para o Porto Exterior e un paso fundamental na apertura da cidade ao mar
Asegura que o desprazamento consolidará ao Porto Exterior como un motor económico e industrial de primeiro nivel e compromete o apoio do Executivo autonómico a todas aquelas empresas que “con respecto e cumprindo a normativa" queiran investir en Galicia
A Xunta destaca a importancia da cooperación co norte de Portugal para impulsar a investigación e a transferencia de coñecemento no sector aeroespacial
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, asiste no Parque Tecnolóxico de Galicia ao evento de presentación de resultados do proxecto europeo POCTEP Aeroganp, para impulsar a investigación e transferencia de coñecemento no sector aeroespacial
A Xunta aborda cos empresarios de Carballo os avances na tramitación do proxecto de ampliación do parque empresarial de Bértoa
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, analizaron a distribución das futuras parcelas que se están a deseñar para cubrir a demanda
Lorenzana reclama ao Goberno máis recursos e unha regulación harmonizada para que as administracións públicas poidan monetizar os seus aforros enerxéticos
Indica que a Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña os orzamentos para 2026 inclúe modificacións lexislativas que favorecen a monetización de actuacións de eficiencia enerxética dentro do sector público autonómico
Lorenzana apela a unha tripla alianza entre o público, o privado e a sociedade para impulsar o modelo enerxético e industrial de Galicia
“No Goberno de Galicia somos conscientes de que é necesario que manteñamos unha postura valente, pero non podemos sos”, di.
A Xunta destaca a colaboración entre sector público, empresarial e social como chave para impulsar a competitividade de Galicia en 2026
A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe no encontro empresarial “Voces que inspiran”, onde puxo en valor a alianza entre administración, empresas e cidadanía como clave para afrontar os retos económicos do vindeiro ano