Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana destaca a necesidade de investir en innovación porque “non é unha tendencia” senón un factor clave para que as empresas sexan competitivas
Subliña o paquete de axudas que recollen os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano que supera os 47 M€
Lorenzana asegura que, co recurso de inconstitucionalidade á repotenciación eólica, o Goberno “non está defendendo nin a Galicia nin aos galegos”
“Os cidadáns galegos piden o menor impacto no seu territorio e piden, tamén, máis aforros enerxéticos nos seus fogares, nas súas empresas, na industria”, e o Goberno, di, “pensa que é ilícito”
A Xunta chama a aproveitar as sinerxías entre a minaría e as enerxías renovables para avanzar na descarbonización da economía galega
O director de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou nunha xornada sobre os recursos minerais e o sector enerxético, onde subliñou a evolución da industria mineira grazas á integración das fontes de enerxía renovables e a redución dos custes enerxéticos
Rueda anuncia que a Xunta constituirá unha fundación no 2026 para impulsar a investigación forestal en Galicia
O obxectivo é promover a innovación nun sector estratéxico para a comunidade e avanzar cara “un monte diverso, produtivo e que xere riqueza” no territorio
A Xunta destina 96.000 euros á ampliación das infraestruturas viarias do polígono da Pastoriza
O delegado territorial, Javier Arias, explica que a Consellería de Economía e Industria financia a actuación con cargo á orde de axudas a concellos para mellorar as áreas empresariais
A Xunta avoga por impulsar o uso da madeira na construción a través dunha abordaxe integral da cadea monte-industria
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández, participou na mesa redonda Retos e oportunidades para o impulso da construción con madeira en España, con especial enfoque en Galicia, no marco do encontro anual MassMadera
Máis de 200 empresas galegas participarán nos 35 novos obradoiros de innovación, dixitalización e loxística avanzada impulsados pola Xunta
O Diario Oficial de Galicia fixo publica a resolución pola que se conceden máis de 630.000 euros para apoiar proxectos colaborativos que promoven a transformación tecnolóxica e sostible do tecido empresarial
Lorenzana subliña que a industria é o motor da demanda enerxética e advirte da necesidade de asegurarlle infraestruturas de subministración
“Estamos vivindo un momento de enormes transformacións e de moita exixencia para o sector industrial e as empresas en que a enerxía é a peza clave”, di
Un centenar de persoas participan en Viveiro nun foro económico sobre A Mariña impulsado pola Xunta e a CEL
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que o Goberno galego mobilizou este ano na Comunidade máis de 180M€ en programas do Igape, e 40,7M€ para preto de 8.700 autónomos
A Xunta reforza a súa aposta pola innovación industrial con cinco novas liñas de apoio que superan os 47 M€ nos Orzamentos de 2026
Os Orzamentos da Consellería de Economía e Industria ascenden a 453,8 M€, un 6 % máis que no pasado exercicio porque, pese a perder 41,7 M€ do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE (MRR), increméntanse os fondos propios