Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.251 novas da C. de Economía e Industria:

09/10/2025 | 14:36 | C. de Economía e Industria

Manuel Pardo subliña os preto de 300.000€ que a Xunta destinou para a mellora do espazo termal de uso lúdico do Bañiño en Punxín

O delegado territorial lembrou que a Xunta ten aberto o prazo ata o próximo 13 de outubro dunha nova orde dirixida a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico cunha partida de 750.000 euros

08/10/2025 | 14:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o talento galego como motor dunha economía innovadora, sostible e aberta ao mundo

Toca subliñou que Galicia “é hoxe un territorio innovador e con visión de futuro”, no que as ideas se transforman en proxectos grazas á creatividade, á cooperación e ao espírito emprendedor

08/10/2025 | 10:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta reivindica Galicia como unha comunidade enerxética que quere aproveitar esta condición en beneficio da industria e as familias

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, inaugurou hoxe a segunda edición das xornadas Energy Days, organizadas polo clúster das Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal)

07/10/2025 | 20:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o valor estratéxico da madeira no eido construtivo no marco da XXII Semana Internacional da Arquitectura 2025

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, participou en Madrid na inauguración da xornada Galicia. Arquitectura de proximidade, que tivo lugar na Casa de Galicia

07/10/2025 | 16:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta participa nunhas xornadas co Goberno británico para coñecer as boas praxes no desenvolvemento da eólica mariña no Reino Unido

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participa en Reino Unido nunha rolda de encontros con empresas do sector interesadas en asentarse en España e visita o parque Kincardine Offshore Wind Farm, en Aberdeen

07/10/2025 | 16:21 | C. de Economía e Industria

Lorenzana cualifica a construción do polígono de Fragamoreira, que podería comezar a finais de 2027, como unha obra prioritaria para a Xunta

O DOG publica hoxe o anuncio polo que se somete a información pública o Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial (Peose) deste parque, aprobado a semana pasada no Consello da Xunta

07/10/2025 | 11:25 | C. de Economía e Industria

Arias destaca en Monforte o apoio da Xunta para fomentar o crecemento e o aforro enerxético das pemes

O delegado territorial de Lugo visitou a empresa Entrepán, beneficiaria de varios programas cos que o Goberno galego impulsa o tecido produtivo da provincia

04/10/2025 | 17:10 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
04/10/2025 | 11:10 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Economía e Industria; C. do Mar; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda mantén un encontro co embaixador británico centrado no impulso ao turismo e as relacións comerciais

O presidente da Xunta trasládalle a Alex Ellis cuestións de interese para o tecido empresarial galego, que de xaneiro a xullo exportou ao Reino Unido un 10,7 % máis que no mesmo período do ano anterior