Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.250 novas da C. de Economía e Industria:

11/08/2025 | 14:32 | C. de Economía e Industria

Belén do Campo destaca o investimento da Xunta de case 120.000 € na mellora da eficiencia enerxética da Casa do Concello de Carral

A delegada visitou o Concello para coñecer as melloras realizadas ao abeiro desta orde 24-25 de Administración Local

11/08/2025 | 14:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a boa acollida da nova convocatoria do Moves III con máis de 3.500 solicitudes para a compra de automóbiles e instalacións de puntos de recarga

Lembrou que as axudas poden alcanzar os 9.000 euros por vehículo en función das características e do tipo de solicitante e ata o 80 % do custe subvencionable para a instalación de infraestruturas de recarga e que o prazo permanecerá aberto ata o 31 de decembro

08/08/2025 | 13:38 | C. de Economía e Industria
08/08/2025 | 13:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con 120.000 euros ao parque empresarial de Santa Comba para renovar as súas infraestruturas e para incrementar a súa competitividade

A delegada da Xunta explicou que estas axudas buscan dar resposta ás novas necesidades que teñen os polígonos de Galicia para fixar e atraer novos investimentos

07/08/2025 | 14:44 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que as empresas poden participar ata o 22 de setembro no diálogo público aberto para desenvolver a nova Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo

Indica que o Goberno galego quere coñecer de primeira man as necesidades reais das empresas a curto, medio e longo prazo para definir a colaboración público-privada e axeitar os instrumentos de apoio e investimento

05/08/2025 | 15:25 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o potencial de Ordes para a dinamización empresarial e a captación de investimentos

Subliña o compromiso da Xunta co desenvolvemento de solo industrial, un piar “fundamental para xerar riqueza” e pon en valor a situación estratéxica do municipio

05/08/2025 | 10:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Economía e Industria

A Xunta outorga a autorización ambiental integrada ao proxecto que Biofibras de Galicia prevé desenvolver nas Pontes, completando así a tramitación ambiental

A resolución, que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, é un paso máis na tramitación do expediente, que agora pasa á Consellería de Economía e Industria, como órgano substantivo, para a súa autorización definitiva ou non

04/08/2025 | 15:48 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta permite a tramitación dos dous primeiros parques eólicos que xerarán beneficios sociais e económicos no territorio por importe de máis de 15 M€ tras a aprobación da Lei de recursos naturais

Os parques Greco e Baro subministrarán enerxía a prezo competitivo á planta de produción de silicio metálico do Grupo Ferroatlántica en Sabón (A Coruña)

04/08/2025 | 11:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 2 millóns de euros a facilitar o financiamento para a compra de uva polas adegas galegas

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria das axudas dirixidas ás adegas acollidas ás Denominacións de Orixe (DO) e Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP), para subvencionar xuros e gastos financeiros da campaña 2025