Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.251 novas da C. de Economía e Industria:

14/04/2025 | 17:29 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. do Mar; C. do Medio Rural

A Xunta porá en marcha unha nova liña de préstamos de ata 1 M€ para mitigar o impacto dos aranceis nas empresas galegas

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, xunto cos titulares de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; do Medio Rural, María José Gómez; e do Mar, Alfonso Villares, reuniuse hoxe cos responsables de máis dunha vintena de clústeres, asociacións sectoriais e cos consellos reguladores para abordar os efectos da nova política arancelaria de EE.UU

13/04/2025 | 11:27 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca o potencial do subsolo galego para reforzar a cadea de valor europea das materias primas

O presidente do Goberno galego mantivo un encontro con representantes do Grupo Samca, que promove o proxecto da mina de Doade, no municipio ourensán de Beariz

12/04/2025 | 14:52 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que o programa de atracción de investimentos da Xunta vai permitir a implantación en Galicia dunha trintena de proxectos empresariais

Neste momento está aberta ata o 30 de setembro a segunda convocatoria desta liña de apoios cun orzamento de 12 M€

10/04/2025 | 18:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta reafirma o seu compromiso coa transición enerxética cunhas xornadas informativas sobre o sistema de Certificados de Eficiencia Enerxética

Avanza que Galicia é a segunda Comunidade autónoma de España en termos de aforro certificado grazas ás 67 actuacións rexistradas no ano 2024, a maior parte delas realizadas polo sector industrial

10/04/2025 | 16:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama máis participación na xestión dos fondos europeos e que se reparta ás comunidades parte dos aranceis recadados

“É clave a participación que reclamamos as comunidades autónomas nas decisións respecto de a onde e como se xestionan os fondos”, di, para apuntar que son “un mecanismo importantísimo para loitar nesta guerra comercial”

10/04/2025 | 15:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o seu compromiso co desenvolvemento de solo empresarial en Galicia

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, asistiron ao II Congreso Nacional de Xestores de Polígonos Empresariais

09/04/2025 | 15:04 | C. de Economía e Industria

Lorenzana volve reclamar ao Goberno central unha resposta axeitada ás demandas de consumo da industria galega

Demanda ao Estado unha rede de transporte que poida dar saída á enerxía renovable e facilite a atracción de novos investimentos

08/04/2025 | 17:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa o emprendemento innovador no sector agroalimentario coa VII edición da Business Factory Food

A nova convocatoria desta aceleradora busca captar proxectos transformadores para un sector estratéxico que, con máis de 4.000 millóns de euros en exportacións anuais, sitúase como a terceira industria máis relevante tras a automoción e o téxtil

08/04/2025 | 15:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca os sectores económicos máis afectados polos aranceis de EEUU

A reunión terá lugar o vindeiro luns, logo de que este mesmo xoves se celebre o Consello Interterritorial de Internacionalización, convocado polo Goberno central coas comunidades autónomas para coordinar a resposta das diferentes administracións 

07/04/2025 | 15:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta polo impulso da madeira como elemento construtivo nas edificacións públicas

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, participou na inauguración da Semana Forestal 2025