Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.251 novas da C. de Economía e Industria:

17/03/2025 | 15:26 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia a aprobación do Plan director da automoción 2025-2027, que contará cun sistema de control e análise continua do seu impacto no sector

Subliña que a nova folla de ruta “estará dotada de 230 millóns de euros ata 2027” para impulsar un sector “que está a vivir a súa propia revolución industrial”

14/03/2025 | 16:24 | C. de Economía e Industria

Lorenzana critica a “xenofobia empresarial” que rexeita “por principio e por capricho” calquera proxecto industrial e enerxético

“Reclamar traballo en Galicia e rexeitar ao mesmo tempo os proxectos enerxéticos é unha flagrante contradición. Máxime nestes tempos nos que a enerxía barata, que durante moito tempo sostivo o desenvolvemento europeo, desaparece”, afirma

14/03/2025 | 14:58 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca “as inmensas posibilidades” do sector aeroespacial en Galicia e anima ás empresas a apostar máis que nunca por esta industria

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as instalacións da compañía UARX Space en Nigrán

14/03/2025 | 14:02 | C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto de Greenfiber en Palas de Rei condicionada ás exixencias dos informes sectoriais e da declaración de impacto

Ángeles Vázquez salienta que a declaración de impacto ambiental desta iniciativa é o resultado de 34 informes elaborados de xeito rigoroso e exhaustivo polos técnicos de distintos departamentos cos que se busca garantir a preservación dos valores ambientais, culturais, patrimoniais e socioeconómicos da comunidade

13/03/2025 | 16:49 | C. de Economía e Industria

Xunta e Fundación Inade abordan posibles medidas de seguridade industrial no ámbito das empresas galegas

O encontro enmárcase na rolda de contactos que o Goberno galego está a manter para coñecer de primeira man as demandas dos distintos sectores relacionados con este ámbito

13/03/2025 | 14:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Málaga o impacto do Polo Aeroespacial de Galicia como motor de innovación, competitividade e crecemento económico

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou en Transfiere Málaga nunha mesa redonda sobre a creación de riqueza nos territorios a través da innovación 

12/03/2025 | 18:32 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que o Plan director da automoción será aprobado definitivamente no Consello da Xunta do vindeiro luns

Apunta que recolle axudas de 234 M€ dos cales 75 M€ son apoios directos de fondos propios da Xunta para todas as empresas que conforman a cadea de valor do sector en Galicia

12/03/2025 | 16:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta reafirma en Vigo o seu compromiso coa innovación e a loxística para fortalecer a economía galega

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na primeira edición de Shape Future Galicia e na Xornada de Solucións Tecnolóxicas para Cadenas Globais de Valor