Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica por preto de 3 M€ as obras de renovación do firme en sete estradas ao seu paso por Vigo e tres concellos da comarca
Melloraranse as características funcionais en distintos treitos das vías autonómicas: PO-010, PO-330, PO-323, PO-324, PO-325, PO-371 e PO-403, ao seu paso polos concellos de Vigo, Redondela, Nigrán e Salvaterra do Miño
A Xunta adxudica por preto de 3,1 M€ as obras de renovación do firme en oito estradas no seu percorrido por 10 concellos da Costa da Morte
Trátase de intervir na VG.-1.4, AC-404, AC-429, AC-444, AC-552, AC-546, AC-550 e AC-552, nos municipios da Baña, Cabana de Bergantiños, Cee, Fisterra, Laxe, Muros, Muxía, Santa Comba, Vimianzo e Zas
A Xunta adxudica por máis de 3,3 M€ as obras de reforzo do firme en tres estradas ao seu paso por dez concellos da provincia de Lugo
Actuarase en distintos treitos das vías da Xunta: LU-633, LU-546 E LU-621, nos seus percorridos polos municipios do Corgo, Portomarín, Pedrafita do Cebreiro, Baralla, Láncara, Paradela, O Páramo, Sarria, Triacastela e Monforte de Lemos
A Xunta asina un convenio de cooperación para o financiamento da promoción de vivenda pública en Galicia co Banco Santander
Con este convenio, cuxa vixencia é de 4 anos, perséguese facilitar a concesión de préstamos para a promoción de fogares públicos, así como a subrogación deses préstamos a favor das persoas adxudicatarias
Villares e a alcaldesa de Paradela analizan os proxectos e investimentos da Xunta no concello
O delegado territorial de Lugo destacou o apoio para acondicionar infraestruturas municipais como a escola de música, así como as obras de mellora previstas na estrada autonómica LU-633 entre Sarria, Paradela e Portomarín
A Xunta entrega unha nova vivenda rehabilitada no barrio de Ferrol vello ao abeiro do Plan Rexurbe
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na entrega de chaves do inmoble
A Xunta recibe 4 ofertas para a execución das obras da senda de Marcón, na PO-542 en Pontevedra
O novo itinerario peonil e ciclista suporá un investimento de 1,4M€ e será financiado con fondos europeos FEDER
A Xunta avanza nas obras de mellora nas travesías urbanas da cidade de Ourense de titularidade autonómica
Manuel Pardo explicou que as actuacións que se están a levar a cabo nesta rúa con respecto ó firme consisten nun fresado puntual e a súa reposición nas zonas máis deterioradas, para logo estender unha nova capa de rodadura cunha mestura bituminosa en quente en toda a rúa
Allegue supervisa a instalación dunha pasarela de 70 metros de lonxitude na nova senda entre Mollavao e Os Praceres, en Pontevedra
A colocación da estrutura da pasarela, composta por seis pezas, finaliza hoxe e os traballos continuarán coa instalación doutra máis no Sartán