Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.318 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

23/04/2026 | 14:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Manuel Pardo salienta o compromiso da Xunta co desenvolvemento do Concello de Cortegada

O delegado territorial informou da recente aprobación polo Consello da Xunta da declaración dunha Área de Rehabilitación Integral (ARI) en Cortegada, a primeira ARI neste concello, que ten como obxectivo facilitar a rehabilitación de vivendas e obras de urbanización

23/04/2026 | 11:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá máis de 50 M€ no desenvolvemento do ámbito de Mallou e prevé un investimento inducido de 600 M€ para crear un novo barrio para 8.000 persoas

O proxecto prevé a construción de 3.600 vivendas, o 80% protexidas, que se estruturarán dentro de cinco cuarteiróns

22/04/2026 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural

A Xunta reforesta as marxes da autovía AG-59 con 5.000 exemplares de árbores frondosas e autóctonas no marco da Estratexia de Estradas Verdes

Os traballos esténdense nunha superficie de 40 hectáreas na AG-59 e nos ramais AG-58 e VG-1.6 e contemplan a eliminación de especies invasoras e pirófitas para reforestar logo o espazo con frondosas, autóctonas e plantas trepadoras

21/04/2026 | 17:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
21/04/2026 | 13:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras para reducir a contaminación acústica na AC-211 en Cambre, con actuacións de calmado do tráfico e mellora da mobilidade peonil

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta licitación e as empresas poderán presentar ofertas ata o vindeiro 18 de maio

19/04/2026 | 11:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina o contrato para construír dúas novas sendas peonís en Abegondo, por un importe de preto de 500.000 €

Trátase de habilitar novos itinerarios nas marxes dereitas da AC-542 ao seu paso polas parroquias de Mabegondo e Montouto, que sumará case un quilómetro de itinerario peonil

19/04/2026 | 09:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 180.000 € as obras dunha senda na vía de servizo anexa á PO-548 en Valga

A actuación consistirá na ampliación da plataforma viaria na vía de servizo anexa á PO-548 na súa marxe dereita e na execución dunha senda anexa que permitirá a conexión coa Igrexa de Santa Columba de Cordeiro de Valga

18/04/2026 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Xunta e Concello de Poio asinan o convenio para a mellora do estacionamento público na contorna da Ponte da Barca, cun investimento de case 230.000 €

A través do acordo asinado hoxe, abordarase unha intervención de conservación e mellora no estacionamento e viarios adxacentes, para reforzar o papel deste espazo como nó de conexión comercial e urbano, mellorar a experiencia de uso da cidadanía e optimizar a capacidade dos pavimentos