Actualidade
Buscador de novas
A Xunta abrirá este mércores a inscrición na nova convocatoria dos cursos gratuítos de condución segura de motos
Nesta primeira convocatoria do 2026 celebraranse 8 cursos, que se impartirán o 9 de maio en Santiago de Compostela, o 16 de maio no Porriño, o 23 de maio en Silleda e o 31 de maio en San Cibrao das Viñas
Presentadas 57 propostas aos concursos de ideas da Xunta para a construción de vivenda pública en Salgueiriños, en Santiago, e Elviña, na Coruña
Prevese a construción de 224 vivendas pública en Santiago e 318 na Coruña, así como dúas residencias xuvenís de 150 prazas cada unha
A Xunta publica no DOG a convocatoria dos actos expropiatorios para a prolongación da autovía da Costa da Morte entre Santa Irena e a AC-432, en Vimianzo
Trátase de executar un novo tramo de 5,8 km de lonxitude, ata a intersección coa vía AC-432, que comunica Vimianzo e Camariñas, cun investimento por máis de 36M€
A AC-012 na Coruña reabrirá ao tráfico esta medianoite, ao acometerse a demolición do viaduto
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou as obras, que progresaron con maior axilidade do previsto
A Xunta investirá 66M€ no desenvolvemento do ámbito de Monte Mero, na Coruña, e prevé un investimento inducido de 800m€ neste novo barrio para 13.000 veciños
O novo barrio, no que se prevén 4.397 vivendas, 3.521 delas protexidas, deséñase como un espazo urbano dinámico co eixo central do gran Parque de Monte Mero, que conformará un fito paisaxístico e visual sobre a entrada á Ría do Burgo na cidade
Rueda destaca que a humanización da rúa Luis Antonio Mestre do Grove será clave na vertebración deste concello pontevedrés
O titular do Executivo autonómico subliña a importancia da colaboración institucional para facer realidade esta intervención
A Xunta aproba a lista definitiva dos adxudicatarios de 36 vivendas en alugueiro accesible en Lamas de Abade, no concello de Santiago
Os contratos de alugueiro terán unha vixencia inicial de 7 anos, e poderán ser prorrogados
Belén do Campo destaca o gran despregamento previsto de maquinaria e de 40 traballadores para o derrubamento do viaduto da AC-12
A delegada da Xunta destacou que a actuación conta cun amplo dispositivo humano e técnico que permite traballar as 24 horas do día, durante as 3 xornadas, para minimizar as afeccións ao tráfico
A Xunta abrirá ao tráfico durante toda a Semana Santa o tramo da AG-57 afectado polo temporal ao seu paso por Gondomar
A Xunta retomará o luns día 6 de abril os traballos, optando novamente por seguridade ao corte dun carril sentido Baiona