Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.314 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

14/07/2026 | 14:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
14/07/2026 | 14:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
14/07/2026 | 13:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 4 ofertas para construír 41 novas vivendas de promoción pública en Vigo, cun investimento de 8,8 M€

Construiranse dous edificios de 19 e 22 vivendas nas parcelas M-IIIB-16 e M-IIIB-14 respectivamente, no polígono 2 de San Paio de Navia

14/07/2026 | 13:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 11 ofertas para redactar o proxecto para construír 40 vivendas públicas na rúa das Cunchas de Sanxenxo

Estas novas vivendas, que serán de dous dormitorios, construiranse en solo cedido de xeito gratuíto polo Concello de Sanxenxo

14/07/2026 | 13:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellora a seguridade e o saneamento do centro de formación ocupacional de Ferrol cun investimento de máis de 36.000 euros

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o centro, onde supervisou as obras levadas a cabo para a recollida e condución das augas pluviais

14/07/2026 | 13:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue destaca que o sorteo hoxe de 18 vivendas públicas na Coruña inclúe por primeira vez os novos limiares de renda activados pola Xunta

Sorteáronse ante notario 14 vivendas públicas en Xuxán e 4 froito da rehabilitación dun edificio na rúa San Andrés, 88, todas en alugueiro accesible

13/07/2026 | 13:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial verifica o comezo do asfaltado da rúa Progreso, na cidade de Ourense

Manuel Pardo explicou que as  actuacións no firme da rúa Progreso consisten no fresado e reposición puntual das zonas máis deterioradas e a extensión dunha nova capa de rodadura en toda a rúa, ao tempo que se instalarán tres pasos elevados realizados con mestura bituminosa en quente

13/07/2026 | 12:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina un acordo de colaboración co Sabadell Gallego para o financiamento da promoción de vivenda pública

O obxectivo do acordo, cuxa vixencia é de 4 anos, é facilitar tanto a concesión de préstamos para a promoción de fogares públicos, como a subrogación deses préstamos a favor das persoas adxudicatarias