Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.319 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

16/10/2025 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza a rehabilitación dun inmoble no casco vello de Ribadavia para acadar 5 vivendas de promoción pública, cun investimento autonómico de 1,8M€

Allegue sinalou que esta intervención se executa ao abeiro do programa Rexurbe da Xunta, co que se recuperan inmobles en estado de abandono ou semiabandono en centros históricos para logo ofrecelos en alugueiro accesible

16/10/2025 | 12:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo supervisa as obras de reforzo de firme na estrada AC-151 ao seu paso por Aranga e Irixoa que contan cun investimento de máis de 840.000€

A delegada da Xunta visitou as zonas da estrada AC-151 que se arranxarán nestes concellos para garantir a súa funcionalidade e seguridade viaria

15/10/2025 | 17:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

Allegue: “O Novo Chuac avanza coa máxima axilidade posible e será dos hospitais máis modernos e vangardistas do país”

M. Allegue subliña que o proxecto avanza coa prioridade de garantir a asistencia sanitaria durante as obras, e coas principais incógnitas xa despexadas: a disposición de terreos, o financiamento do BEI coa axuda directa de 60M€ ou as obras previas

15/10/2025 | 17:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta insta ao Goberno central a rescatar a AP-9 e a eliminar as peaxes, que continúan sendo un agravio a Galicia

Allegue lamentou que o Executivo central segue a condear aos galegos a pagar unas peaxes inxustas, mentres as retira noutros territorios

15/10/2025 | 15:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destaca as vantaxes das entidades de certificación de conformidade municipal para axilizar as licenzas urbanísticas e facilitar o acceso á vivenda

Allegue fai fincapé na axilización, simplificación e redución dos tempos, tanto para os particulares que soliciten os servizos das ECCOM, como para os concellos

15/10/2025 | 13:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 435.300 euros na mellora da estrada LU-636 desde a travesía de Sarria ata o polígono do Morelle

O delegado territorial, Javier Arias, explica que a actuación inclúe a rehabilitación do firme en todo o treito e o reforzo da seguridade no tramo urbano coa implantación de elementos redutores da velocidade

15/10/2025 | 13:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue destaca a rehabilitación enerxética integral da Torre Efisa na Coruña, que contou cunha achega de 4,6 M€ de fondos europeos xestionada pola Xunta

A conselleira puxo en valor as actuacións realizadas para mellorar a eficiencia enerxética da Torre e subliñou que coa transformación, “suma outro fito á súa dilatada historia como emblema de cidade”  

14/10/2025 | 17:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

M. Allegue aborda co alcalde de Lugo a mellora da rúa Serra de Meira, na que se estima un investimento de máis de 900.000€

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas amosou o compromiso da Xunta con esta actuación do Plan Paradai e presentou ao rexedor a proposta de convenio para a súa execución

14/10/2025 | 15:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
14/10/2025 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue pon en valor a recuperación de 16 vivendas no centro histórico de Ponteareas ao abeiro das axudas nivel barrio, cun investimento de 400.000€

As actuacións nas 16 vivendas, financiadas con fondos europeos, teñen como obxectivo mellorar a eficiencia enerxética dos inmobles e outras reformas, como colocación de ascensores, conservación e renovación das edificacións