Actualidade
Buscador de novas
Villaverde critica o recorte comunitario ás capturas de lirio e xarda e sitúa o porto de Ribeira como un dos epicentros do seu impacto na comunidade
O porto ribeirense lidera as descargas de lirio en Galicia e concentra tamén unha elevada facturación de xarda, dúas especies estratéxicas afectadas polo acordo dos ministros de Pesca da UE
A Xunta traslada a Acerga as novas medidas de apoio ás OPP
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica aproveitou a visita para informar da recente aprobación da orde de axudas destinada a financiar os Plans de Produción e Comercialización das Organizacións de Produtores Pesqueiros (OPP)
O programa de Ciencias Mariñas de Galicia encara o seu peche apostando pola continuidade da cooperación científica
A continuidade do programa, que conta con financiamento da Consellería do Mar, pasa, entre outras vías, pola creación dun Foro de Reflexión Científica sobre as ciencias mariñas de Galicia
A Xunta destaca o papel estratéxico da Axencia Europea de Control da Pesca na defensa dunha actividade sostible
A conselleira do Mar visita a sede do organismo comunitario para reforzar a colaboración en materia de control, inspección e loita contra a pesca ilegal
A Xunta acorda co sector a apertura da campaña da vieira na ría de Arousa de xeito limitado e controlado
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, reuniuse con representantes das confrarías de Cambados e Rianxo e das federacións provinciais da Coruña e Pontevedra
Villaverde convoca o Consello Galego de Pesca para trasladar ao sector o resultado da negociación de TAC e cotas
O órgano consultivo reunirase este venres para avaliar os detalles do acordo que acadaron os ministros de Pesca da UE e que tanto prexudica á frota galega
A Xunta constitúe a comisión de revisión do Plan Camgal para actualizar a resposta ante posibles episodios de contaminación mariña accidental
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu hoxe a primeira reunión do órgano encargado de redactar o novo Plan Camgal, tal e como establece o Decreto 135/2016
Villaverde cualifica de “nada satisfactorio” os TAC e cotas acordados en Bruxelas e alerta do impacto socioeconómico para a frota galega
A responsable autonómica alerta de que, a falta de analizar con detalle o documento definitivo, os recortes aprobados “supoñen un novo golpe para a frota” e critica o enfoque “medioambientalista" aplicado pola Comisión, que ignorou os informes socioeconómicos